Black metal
Black metal | |
---|---|
Orixe musical | NWOBHM, speed metal, thrash metal |
Orixe cultural | Escandinavia e o Reino Unido a principios dos 80 |
Instrumentos típicos | voz, guitarra, baixo e batería |
O black metal é un xénero musical que parte do heavy metal e ten as súas orixes en Inglaterra a mediados dos oitenta, mais o seu desenvolvemento lévase a cabo a principios dos noventa en Noruega. Con características musicais tales como o minimalismo instrumental, voces guturais rachadas, baterías aceleradas e guitarras agudas.
Nos seus comezos era un sinónimo de Satanic metal[1], o black metal é coñecido a miúdo con hostilidade dende a cultura xeral, debido ás accións e ás ideoloxías asociadas con el. Moitos artistas expresan extremos anti-cristiáns e visións misantrópicas, defendendo varias formas de Satanismo ou paganismo étnico.
Características
[editar | editar a fonte]O black metal caracterízase basicamente pola utilización de voces guturais rachadas (mellor coñecidas como shrieks), guitarras agudas, ritmo de batería acelerado (ritmo relampo ou blast beats) e minimalismo instrumental.
Así a todo, ó longo da década dos noventa foron xurdindo novos subxéneros a partir de modificacións nos ritmos, agregados de coros así como tamén outros instrumentos (teclados na maioría dos casos) e a introdución de características propias doutros xéneros musicais.
Historia
[editar | editar a fonte]O black metal tivo as súas orixes en Gran Bretaña, cando un grupo de Newcastle chamado Venom lanzou ao mercado no ano 1981 o seu primeiro disco de estudo titulado Welcome To Hell, o cal incorporaba as devanditas voces guturais (shrieks), minimalismo instrumental e unha gravación moi precaria ademais dun contido lírico de carácter antirrelixioso, concretamente, anticristián. Foi en 1982 cando o seguinte traballo discográfico viu a luz: Black metal, cuxo nome bautizou a un novo xénero musical. No entanto, estas pezas musicais imitaban máis ao thrash metal, o heavy metal da nova onda británica (NWOBHM) e o punk que ao que hoxe coñecemos como black metal.
En 1984, os suízos de Hellhammer gravan un EP de nome Apocalyptic Raids fusionando varios xéneros coma o speed metal, o death metal e o doom metal e algunhas pinceladas de black metal. O grupo sepárase, Thomas Gabriel Fischer (mellor coñecido como Tom G. Warrior e "Satanic Slaughter") e Martin Ain ("Slayed Necros") forman Celtic Frost. Podemos ter en conta tamén grupos brasileiros coma Sarcofago, os cales facían unha mestura de thrash metal con ritmos veloces e líricas non moi diferentes das tradicionais do black metal, e as bandas alemás de thrash metal Destruction e Sodom debido ós seus toques black.
Os suecos Bathory, liderados por Ace Börje Forsberg (Quorthon), practicaban unha música moi parecida á de Venom. Logo dos discos Bathory (1984) e The Return... (1985), chegou no ano 1987 o principal disparador deste novo xénero: Under The Sign Of The Black Mark e, con todo isto, quedou formada a base para a escena do black metal noruegués (true norwegian black metal) coñecida por varios casos de asasinatos e a queima de vinte e dúas igrexas.
A comezos dos noventa, grupos musicais de Noruega coma Mayhem, Burzum, Darkthrone e Immortal, entre outros, colleron os conceptos de minimalismo instrumental, voces guturais, guitarras agudas e ritmos acelerados de batería (ritmo relampo ou blast beats) e convertéronos no camiño á seguir. É aquí cando podemos comezar a falar do black metal como xénero musical.
En 1993 o Inner Circle disólvese tras ser Øystein Aarseth (Euronymous), ex-guitarrista e líder de Mayhem e creador do círculo, asasinado con vinte e tres puñaladas o 10 de agosto polo único membro de Burzum, Varg Vikerness (coñecido coma Count Grishnackh), quen ingresou no cárcere cunha pena de vinte e tres anos. Rumoreábase que o acto foi polo liderado daquela organización cuxos fins eran acabar co cristianismo en Noruega e volver ás antigas crenzas e prácticas pagás, e ter control sobre as bandas de black metal xurdidas en Noruega para decidir se eran auténticas e merecían pertencer ó xénero.
Snorre Ruch (tamén coñecido como Blackthorn), ex-guitarrista de Mayhem, foi condenado a oito anos de prisión por complicidade no dito asasinato. Non pasou moito tempo antes de que a policía soubese das prácticas desta organización.
Outro dos asasinatos destacados é o dun homosexual cuxa autoría se lle atribúe á Bard Eithun (Faust), ex-batería de Emperor, e da cal non se soubo nada até dous anos despois. Jon Nödtveidt, ex-cantante e guitarrista da formación sueca Dissection, foi acusado de complicidade. En 1992, ambos foron penados con catorce anos de cárcere, e o primeiro tamén foi xulgado por incendio voluntario e roubo.
Tomas Thormodsæter Haugen (Samoth), guitarrista de Emperor, foi condenado a dous anos de cárcere por complicidade nos incendios xunto a Varg Vikerness.
Debido a todo o acontecido, os outros membros do círculo deciden afastarse e o Inner Circle desaparece.
No ano 2004, Jon Nödtveidt finalizou a súa cadea e regresou ó grupo musical. Así a todo, estímase que arredor do catorce ou dezaseis de agosto do 2006, ós seus trinta e un anos, suicidouse disparándose. A policía sueca atopou o seu cadáver no seu apartamento; as razóns deste acontecemento son descoñecidas.
Desenvolvemento posterior
[editar | editar a fonte]Bandas como Emperor, Ancient e Satyricon, chamadas de segunda xeración, empezaron a incluír novos elementos e, así, foron xurdindo novos subxéneros e estilos dentro do black metal.
Foi Emperor quen engadiu teclados ó seu black metal e deu lugar o chamado melodic black metal ou symphonic black metal. Grupos como Dimmu Borgir, The Covenant (tiveron que cambiar o seu nome a The Kovenant debido a asuntos legais cunha banda sueca de ebm que tamén se chamaba así), Cradle Of Filth e Anorexia Nervosa son ou foron (no caso de Cradle Of Filth) algunhas das bandas pertencentes a este novo subxénero.
Bathory foi outra das bandas que introduciu novos elementos á súa música para dar paso á aparición de novos subxéneros. O viking metal, seguido por grupos coma Ancient Rites, Borknagar, Ensiferum, Enslaved, Falkenbach, Mithotyn, Moonsorrow, Mythos Nord, Thyrfing e Vintersorg.
Tamén se adoptaron instrumentos da música folk. É así como naceu unha fusión entre o black metal e dita música, a cal se chamou folk metal. Ancient Rites, Borknagar, Ensiferum, Falkenbach, Mithotyn, Moonsorrow, Vintersorg, e Moonspell no seus inicios cando aínda se chamaba Morbid God, son algúns dos seus grupos.
Outros apartáronse en novos estilos baseándose nas líricas, da man de temas de ámbito político (como o black metal nacionalsocialista, de ideas pro-nazis, con iconas coma Burzum ou Nokturnal Mortum) ou relixioso (como o unblack metal, que defende as posturas cristiás fronte ás anticristiás tradicionais do black metal, con bandas como Crimson Moonlight e Elgibbor).
Bandas
[editar | editar a fonte]Pre-Black metal
[editar | editar a fonte]Son as bandas que foron piares do black metal pero que xamais tocaron música dese xénero. Satánicos na maioría, todos eles tocaron o xénero Thrash (pre-black), Bathory é o único que chegou máis lonxe facendo Death Metal en dous álbums e Viking Metal na maioría da discografía que ten.
Black metal noruegués
[editar | editar a fonte]Son as principais bandas do movemento verdadeiro de black metal, todas elas de Noruega, e é alí onde aconteceron moitos dos feitos históricos deste xénero.
Black metal nacionalsocialista
[editar | editar a fonte]É un subxénero do black metal, caracterizado fundamentalmente pola súa temática letrística e pola súa estética política, máis concretamente, por estar en relación directa ou indirecta co movemento nacionalsocialista.[2] Algúns dos grupos deste estilo son:
Melodic black metal
[editar | editar a fonte]É outro subxénero do black metal, técnico e melódico como o propio nome di, toca ritmos lentos e outros acelerados, pero sempre cun ritmo moi baixo en comparación con outros xéneros do black. Ademais diso, úsase tamén moito teclado.
Black death metal
[editar | editar a fonte]Mestura dous dos xéneros do metal, o thrash metal e o black metal, e comezou a mediados da década de 1980 [3] e caracterízase por empregar guitarras moi distorsionadas, berros, baterías agresivas, cambios de tempo e progresión cromática de acordes.
A letra dos temas do Black metal poden tratar temas de películas slasher,[4] relixión (ás veces satanismo), ocultismo, horror Lovecraftiano, natureza, misticismo, mitoloxía, filosofía, ciencia ficción, e política,[5] e poden describir actos extremos, incluíndo mutilación, disección, tortura, violación, canibalismo, e necrofilia. Algúns grupos deste estilo son
Black metal galego
[editar | editar a fonte]En Galicia tamén hai algúns grupos que se encadran dentro deste xénero como poden ser:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ McIver, Joel (2009). Justice for All - The Truth About Metallica (updated ed.). Omnibus Press. Consultado o 4 de setembro de 2012.
- ↑ Web adicada á defensa e publicidade do black metal nacionalsocialista Arquivado 27 de marzo de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ Dunn, Sam (Director) (August 5, 2005). Metal: A Headbanger's Journey (motion picture). Canadá: Dunn, Sam.
- ↑ Moynihan, Michael, and Dirik Søderlind (1998). Lords of Chaos (2nd ed.). Feral House. ISBN 0-922915-94-6, p. 27
- ↑ Wikihow: How to Appreciate Death Metal