Blood on the Tracks
Blood on the Tracks | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bob Dylan | ||||
Publicado | 20 de xaneiro de 1975 | |||
Gravación | setembro e decembro de 1974 | |||
Estudio(s) | A&R Recording en Nova York e Sound 80 en Minneapolis | |||
Duración | 51:42 | |||
Xénero(s) | folk rock | |||
Selo(s) | Columbia Records | |||
Produtor | Bob Dylan | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Blood on the Tracks é o décimo quinto álbum de estudio do cantautor estadounidense Bob Dylan, publicado o 20 de xaneiro de 1975 a través do selo Columbia Records. O disco marcou o regreso de Dylan a Columbia tras dous discos editados con Asylum Records. A meirande parte das letras do álbum xiran ao redor da anguntia, da ira e da soidade.
O álbum foi recibido con entusiasmo pola crítica e o público. Nos anos posteriores ao seu lanzamento chegou a ser considerado como un dos seus mellores discos; é moi común en traballos posteriores que estes se etiquetasen como "o seu mellor disco dende Blood on the Tracks". É tamén común velo como un estándar para os álbums confesionais do cantautor; aínda que Dylan negase que as cancións sexan autobiográficas, o seu fillo Jakob Dylan afirmou: "As cancións son o meu pai falando". No ano 2003 o disco foi elixido o número 16 da lista da Rolling Stones dos "500 mellores álbum de todos os tempos", e no 2004 foi colocado no posto 5 da lista de Pitchfork Media dos "100 mellores álbums dos 70".
O disco acadou o número 1 da lista Billboard 200 e o 4 da UK Albums Chart. O sinxelo "Tangled Up in Blue" chegou ao posto 31 da lista Billboard Hot 100. O álbum segue a ser un dos máis vendids de Dylan, cunha certificación de dobre platino nos €€Stados Unidos]].
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Bob Dylan.
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Gravada | Duración | ||||||
1. | "Tangled Up in Blue" | 30 de decembro de 1974 en Sound 80, Minneapolis | 5:42 | ||||||
2. | "Simple Twist of Fate" | 19 de setembro de 1974 en A&R Recording, Nova York | 4:19 | ||||||
3. | "You're a Big Girl Now" | 27 de decembro de 1974 en Sound 80, Minneapolis | 4:36 | ||||||
4. | "Idiot Wind" | 27 de decembro de 1974 en Sound 80, Minneapolis | 7:48 | ||||||
5. | "You're Gonna Make Me Lonesome When You Go" | 17 de setembro de 1974 en A&R Recording, Nova York | 2:55 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Gravada | Duración | ||||||
6. | "Meet Me in the Morning" | 16 de setembro de 1974 en A&R Recording, Nova York | 4:22 | ||||||
7. | "Lily, Rosemary and the Jack of Hearts" | 30 de decembro de 1974 en Sound 80, Minneapolis | 8:51 | ||||||
8. | "If You See Her, Say Hello" | 30 de decembro de 1974 en Sound 80, Minneapolis | 4:49 | ||||||
9. | "Shelter from the Storm" | 17 de setembro de 1974 en A&R Recording, Nova York | 5:02 | ||||||
10. | "Buckets of Rain" | 19 de setembro de 1974 en A&R Recording, Nova York | 3:22 | ||||||
51:42 |