Saltar ao contido

Bomba (explosivo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha granada de man de ferro coa mecha de madeira, de 1580
Massive Ordnance Air Blast (MOAB), a bomba non nuclear máis poderosa do arsenal estadounidense.

Unha bomba é un obxecto explosivo que libera a súa enerxía moi rapidamente. Esta detonación provoca unha gran onda de choque. A maioría das bombas non conteñen máis enerxía que o combustible común, excepto no caso dunha arma nuclear, pero son moi potentes ao liberar a súa enerxía dese xeito "explosivo". Adoita ser un tipo de recipiente cheo de material explosivo deseñado para destruír cousas e foron usadas desde hai séculos. Algunhas delas arroxan perigosos fragmentos metálicos chamados "metralla"[1] e algunhas son bombas incendiarias.

Os materiais explosivos utilizados na minería funcionan do mesmo xeito, pero normalmente non se chaman bombas.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra "bomba" ten unha orixe incerta, mais adoptouse nas linguas románicas peninsulares a partir do francés bombe e do italiano bomba. Estas á súa vez poden derivar do latín bombus, que significa "zunido de abellas".[2]

O termo está relacionado co grego antigo βóμβος (bómbos), que tamén significa "ruído forte" ou "zunido".[3] Bombyliós designaba insectos como moscas ou abellas, e ten unha orixe onomatopeica relacionada co son que fan ao voar.[4] Da mesma orixe son os termos taxonómicos bómbice (de βόμβυξ, bómbux), bombina, bombus e bombinos entre outros.

En varias linguas derivadas do indoeuropeo consérvanse palabras semellantes, como o vocábulo lituano antigo bumbet, que significa "zunido" ou o termo escandinavo bumba, que se traduce como "tambor".

O seu significado principal como proxectil cargado de material explosivo, ten diversas acepcións; as forzas aéreas envían bombardeiros para destruír obxectivos inimigos. Os terroristas usan bombas en ataques suicidas ou en atentados etc.

Outros usos do termo

[editar | editar a fonte]

A palabra "bomba" ten outros usos:[5]

  • Como sinónimo de foguete ou artificio pirotécnico.
  • No ámbito figurado, úsase para referirse a unha nova explosiva ou impactante.
  • No contexto técnico, refírese a unha máquina que serve para trasfegar, extraer ou elevar fluídos por aspiración ou compresión.

Outros termos derivados

[editar | editar a fonte]

Da palabra "bomba" tamén se derivan outros termos:

  1. "metralla". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-31. 
  2. "bomba". origemdapalavra.com.br. Consultado o 2025-01-31. 
  3. "BOMBA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2025-01-31. 
  4. Tanto bum! en galego como boom en inglés e noutras linguas son onomatopeas similares.
  5. "bomba". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-31. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]