Boris (grupo musical)
Boris ボリス | |
---|---|
Orixe | Toquio, Xapón |
Período | 1992 - presente |
Xénero(s) | rock experimental, doom metal, psicodelia, noise |
Selo(s) discográfico(s) | F.A.S., Southern Lord, Hydra Head, Inoxia Records, Diwphalanx Records, Conspiracy Music, Sargent House, Third Man Records |
Membros | Atsuo Takeshi Wata |
Antigos membros | Nagata |
Artistas relacionados | Sunn O))), Merzbow, Keiji Haino, Michio Kurihara, Ian Astbury |
Na rede | |
borisheavyrocks.com | |
Boris (ボリス, Borisu) é unha banda xaponesa de rock experimental formada no ano 1992 en Toquio e composta polo batería Atsuo Mizuno, o guitarrista e baixista Takeshi Ohtani, e a guitarrista e teclista Wata. Os tres membros comparten as tarefas vocais. Boris ten publicados máis de vinte álbums de estudio a través de varios delos de todo o mundo, ademais de lanzar unha ampla variedade de álbums do vivo, recompilatorios, EPs, sinxelos e traballos colaborativos.
Historia
[editar | editar a fonte]Boris formouse orixinalmente como un cuarteto con Atsuo Mizuno nas voces, Wata na guitarra, Takeshi Ohtani no baixo e Nagata na batería. A banda chámase así pola canción do mesmo nome aparecida no álbum dos Melvins Bullhead.[1] O álbum de estrea de Boris, Absolutego, foi editado no ano 1996 a través do selo propio selo, Fangs Anal Satan. Nagata marchou en 1996 e Atsuo pasouse á batería, mentres que Wata pasou a tocar os teclados e a guitarra e Takeshi o baixo e a guitarra rítmica cun instrumento de dobre mastro deseñado por el mesmo.[2] Os tres tamén adoptaron roles como vocalistas e a banda permaneceu dende entón como un trío.
No Xapón Boris publica a meirande parte da súa música a través do selo independente Inoxia Records. Aínda que é relativamente descoñecida no seu propio país, unha serie de reedicións dos seus primeiros álbums realizadas polo selo estadounidense Southern Lord Records provocaron un aumento de popularidade en América do Norte.[3] Boris tamén colabora regularmente con outros artistas, primeiro fíxoo no álbum de 1998 Black: Implication Flooding co músico experimental Keiji Haino.[4] A banda editou sete álbums colaborativos co artista noise Merzbow,[5] e tamén publicou traballos con artistas internacionais como Sunn O)))[6] e Ian Astbury.
A súa popularidade internacional reforzouse co seu álbum de 2005 Pink, que foi loubado pola crítica e tivo unha resposta positiva dos fans cando foi reeditado nos Estados Unidos por Southern Lord. As revistas Blender e SPIN nomeárono un dos mellores álbums do ano 2006.[7] O disco tamén chegou á cima da sección de metal na enquisa dos lectores de 2006 da revista canadense Exclaim, e estivo entre os 10 primeiros na lista de Pitchfork Media dos 50 mellores discos do ano. O grupo tamén apareceu na banda sonora da película de Jim Jarmusch The Limits of Control en 2009. Con respecto a Boris, Jarmusch dixo que "o que é realmente destacable é que cando tocan ao vivo están en modo, de certa maneira, de músicos de jazz, non estruturalmente ou musicalmente, senón do xeito no que escoitan o que os outros fan e constrúen sobre iso. Cada vez que tocan algo é obviamente diferente".[8]
Boris pasa gran parte do seu tempo xirando. Nunha entrevista Atsuo dixo:
"Que xiremos tanto e publiquemos tantos álbums, penso que representa o que somos. A comunicación directa é algo que se perdeu nestes días. É unha vergoña - [incluso] as entrevistas son por teléfono. Penso que é importante ver á xente cara a cara - por iso é tan importante saír de xira. É algo moi básico para os humanos que perdimos ultimamente".[9]
Boris recibiu exposición internacional cando foron abreconcertos de Nine Inch Nails en parte da súa xira Lights in the Sky en 2008.[10] Dende 2011 ata 2017 a banda publicou varios álbums co selo Sargent House Records, e continuou reeditando discos anteriores en formatos novos.[11] En 2017, no 25 aniversario da banda, os seus membros consideraron retirarse tras un último disco. Porén, un exitoso proceso de composición e gravación para ese traballo animounos a continuar.[12] O álbum Dear foi editado internacionalmente en xullo de 2017 a través de Sargent House.[13] Posteriormente Boris editaron dous álbums máis, LφVE & EVφL e 1985, os dous no ano 2019.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Absolutego | 1996 | Fangs Anal Satan |
Amplifier Worship | 1998 | Mangrove |
Flood | 2000 | Midi Creative, Fangs Anal Satan |
Heavy Rocks | 2002 | Quattro/UK Discs, Fangs Anal Satan |
Akuma no Uta | 2003 | Diwphalanx Records |
Boris at Last -Feedbacker- | 2003 | Diwphalanx Records |
The Thing Which Solomon Overlooked | 2004 | Kult Of Nihilow |
Dronevil | 2005 | Misanthropic Agenda |
Sound Track from Film "Mabuta no Ura" | 2005 | Essence Music |
Pink | 2005 | Diwphalanx Records |
The Thing Which Solomon Overlooked 2 | 2006 | Conspiracy Records |
The Thing Which Solomon Overlooked 3 | 2006 | Conspiracy Records |
Vein | 2006 | Important Records |
Smile | 2008 | Diwphalanx Records |
New Album | 2011 | Tearbridge Records |
Heavy Rocks | 2011 | Daymare Recordings |
Attention Please | 2011 | Daymare Recordings |
Präparat | 2013 | Daymare Recordings, Disk Union |
Noise | 2014 | Daymare Recordings |
The Thing Which Solomon Overlooked Extra | 2014 | Taiga Records |
Urban Dance | 2015 | Fangs Anal Satan |
Warpath | 2015 | Fangs Anal Satan |
Asia | 2015 | Fangs Anal Satan |
Dear | 2017 | Sargent House |
Love & Evol | 2019 | Third Man Records |
No | 2020 | Fangs Anal Satan |
W | 2022 | Sacred Bones Records |
Heavy Rocks | 2022 | Relapse Records |
Fade | 2022 | Fangs Anal Satan |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Boris | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-02-01.
- ↑ Astley-Brown 2017-08-07T11:03:14.218Z, Michael. "Rig tour: Boris". MusicRadar (en inglés). Consultado o 2020-02-01.
- ↑ Terich, Jeff (2018-02-09). "Shadow of the Horns: 20 Years of Southern Lord". Treble (en inglés). Consultado o 2020-02-01.
- ↑ "Arcane Candy » Blog Archive » Keiji Haino with Boris – Black: Implication Flooding". Consultado o 2020-02-01.
- ↑ Weingarten, Christopher R.; Weingarten, Christopher R. (2016-02-04). "Boris With Merzbow: Play With a Track From Interactive LP". Rolling Stone (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2021. Consultado o 2020-02-01.
- ↑ "Sunn O))) & Boris: Altar". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-01.
- ↑ "The 50 Greatest CDs of 2006 Article on Blender :: The Ultimate Guide to Music and More". web.archive.org. 2007-09-30. Archived from the original on 30 de setembro de 2007. Consultado o 2020-02-01.
- ↑ Jim Jarmusch e Alan Licht, "Invisible Jukebox," The Wire 309, novembro de 2009, p. 23.
- ↑ Millan, Nicolas. "Boris: Interview". Prefixmag.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2016. Consultado o 2020-02-01.
- ↑ "Boris, HEALTH, the Bug to Open for Nine Inch Nails | Pitchfork". web.archive.org. 2008-09-12. Archived from the original on 12 de setembro de 2008. Consultado o 2020-02-01.
- ↑ "Boris Announce New Album and North American Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-01.
- ↑ "Boris Celebrates 25 Years By Cleaving The Earth In Two With 'Absolutego'". NPR.org (en inglés). Consultado o 2020-02-01.
- ↑ "Borisheavyrocks". Borisheavyrocks (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2019. Consultado o 2020-02-01.