Borja Quiza
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 ![]() Ortigueira, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade da Coruña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera ![]() |
Xénero artístico | Ópera e zarzuela ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
Tesitura | Barítono ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Páxina web | borjaquiza.com ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Borja Quiza, nado en Ladrido (Ortigueira) en 1982, é un tirador de esgrima e barítono galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que nado en Ortigueira trasladouse á Coruña onde se licenciou en Informática na Universidade coruñesa. Alí tamén empezou a cantar de xeito afeccionado, primeiro no coro municipal da cidade, logo na coral Follas Novas e posteriormente no coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Practicante de esgrima, foi subampión de España júnior de florete.
A partir de aí dá o salto ao eido profesional como intérprete tanto de ópera como de zarzuela. Ten interpretado importantes papeis protagonistas, coma o Fígaro do Il Barbiere de Siviglia, Guglielmo de Così fan tutte o Papageno da Die Zauberflöte ou Marcello de La Bohème. En 2009 gañou o premio español Ópera Actual como o mellor cantante lírico daquel ano e en 2010 o Premio Lírico Teatro Campoamor de Oviedo como mellor intérprete de zarzuela. Na tempada 2011/12 foi o 8º no ránking galego na modalidade de florete [1]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Está casado e ten dúas fillas. Vive na Coruña.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web oficial (en castelán) (en inglés) (en italiano) (en alemán)