Botch
Botch | |
---|---|
Orixe | Tacoma, Washington, |
Período | 1993 - 2002 2022 - presente |
Xénero(s) | metalcore, mathcore |
Selo(s) discográfico(s) | Hydra Head, Sargent House |
Membros | Brian Cook Dave Knudson Tim Latona Dave Verellen |
Artistas relacionados | Minus the Bear, Roy, These Arms Are Snakes |
Na rede | |
Bandcamp | |
Botch é unha banda estadounidense de mathcore formada en 1993 en Tacoma, Washington. O grupo, composto por Brian Cook, Dave Knudson, Tim Latona e Dave Verellen, pasou catro anos como unha banda de garaxe e publicou varias demos e EPs antes de fichar por Hydra Head Records. A través do selo Botch editou dous álbums de estudio: American Nervoso (1998) e We Are the Romans (1999).[1]
O grupo fixo longas xiras para promocionar os seus álbums con bandas afíns como The Blood Brothers, The Dillinger Escape Plan, Ink & Dagger e Jesuit. Botch loitou por escribir un terceiro álbum de estudo, pero en 2002 o grupo separouse debido ás tensións entre os membros da banda e ás diferenzas creativas. Hydra Head lanzou postumamente un EP de cancións nas que o grupo estivera traballando antes de separarse, titulado An Anthology of Dead Ends, e un álbum en directo que documenta o seu último concerto titulado 061502 en 2006.
Tras a separación de Botch, a meirande parte dos seus membros fomarían ou uniríanse a outras bandas na área de Seattle/Tacoma como Minus the Bear,[2] Narrows, Roy,[3] Russian Circles[4] e These Arms Are Snakes.[5]
Aínda que Botch foi ben recibida polos críticos e foi citada como unha influencia por numerosas bandas de hardcore tras a súa disolución, o grupo foi xeralmente ignorado pola escena hardcore underground local de Washington. O grupo pasou os seus anos activos "burdándose" da escena musical local evitando os clichés comúns. Rexeitando as tendencias contemporáneas no hardcore, Botch evitou a estética habitual de "caveira e ósos cruzados" e os omnipresentes riffs "chugga-chugga" para unha presentación depurada e confesional e arranxos complexos.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
American Nervoso | 1998 | Hydra Head Records |
We Are the Romans | 1999 | Hydra Head Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Botch". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-09.
- ↑ "Minus the Bear". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-09.
- ↑ "Roy". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-09.
- ↑ "Russian Circles". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-09.
- ↑ "These Arms Are Snakes". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-09.