Russian Circles
Russian Circles | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Chicago, Illinois, ![]() |
Período | 2004 - presente |
Xénero(s) | rock instrumental, post-metal, post-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Flameshovel, Sargent House, Suicide Squeeze |
Membros | Mike Sullivan Dave Turncrantz Brian Cook |
Antigos membros | Colin DeKuiper |
Artistas relacionados | Botch, These Arms Are Snakes, Sumac, Riddle of Steel, Dakota/Dakota |
Na rede | |
russiancirclesband.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Russian Circles é unha banda estadounidense de rock/metal instrumental procedente de Chicago. Nos seus inicios xirou como abreconcertos con grupos como Boris, Isis, Red Sparowes, Minus the Bear, Daughters, Coheed and Cambria, Mono e Pelican, ademais de aparecer no festival SXSW en 2006 e no Bonnaroo en 2009. Tamén actuou de abreconcertos para Tool durante a súa primeira xira no Reino Unido en 2007. O seu nome foi collido dun exercicio usado en xóckei sobre xeo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A banda foi formada a finais de 2004 polo guitarrista Mike Sullivan e o baixista Colin DeKuiper (ámbolos dous tocaban anteriormente no grupo instrumental Dakota/Dakota), e rapidamente recrutaron ao batería Dave Turncrantz, que tocara na banda de St. Louis Riddle of Steel. No ano 2006 Russian Circles publicaría o seu traballo de estrea, Enter.
En outono de 2007, anunciouse que a banda rompera a súa relación con Colin DeKuiper. Como resultado, as pistas de baixo do seu segundo álbum, Station, serían gravadas polo ex-baixista de Botch e These Arms Are Snakes Brian Cook, que se uniría ao grupo permanentemente. O seu terceiro traballo, Geneva, lanzouse o 20 de outubro de 2009 e chegou ao número 24 da lista Billboard Heatseekers.[1]
No ano 2011 Russian Circles asinou un contrato con Sargent House, que anteriormente só publicara en exclusiva os álbums da banda en edicións limitadas en vinilo. O seu cuarto álbum, Empros, foi lanzado o 25 de outubro de 2011. Tras a edición o grupo iniciou unha xira de promoción xunto con Deafheaven.[2] En maio de 2013 o grupo comezou a gravar o seu quinto traballo de estudio, producido por Brandon Curtis. Memorial publicouse a finais de outubro dese ano e conta con Chelsea Wolfe como vocalista invitada. Xuntos comezarían unha xira por Europa ese mesmo outono.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Enter | 2006 | Flameshovel/vinilo en Sargent House |
Station | 2008 | Suicide Squeeze Records/vinilo en Sargent House |
Geneva | 2009 | Suicide Squeeze Records/vinilo en Sargent House |
Empros | 2011 | Sargent House |
Memorial | 2013 | Sargent House |
Guidance | 2016 | Sargent House |
Blood Year | 2019 | Sargent House |
Gnosis | 2022 | Sargent House |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Billboard (ed.). "Historial nas listas da banda". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2015.
- ↑ Alternative Press (ed.). "Deafhaven announce tour with Russian Circles". Consultado o 29 de novembro de 2015.