Saltar ao contido

Brendan Behan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBrendan Behan

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ga) Breandán Ó Beacháin Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Dublín, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Morte20 de marzo de 1964 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Dublín, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Causa da morteDiabetes mellitus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Glasnevin Editar o valor en Wikidata
EducaciónDublin Institute of Technology (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDrama, literatura e poesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, compositor de cancións, xornalista, poeta, dramaturgo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
CónxuxeBeatrice Behan Editar o valor en Wikidata
PaisStephen Behan Editar o valor en Wikidata  e Kathleen Behan Editar o valor en Wikidata
IrmánsBrian Behan
Dominic Behan Editar o valor en Wikidata
Condenado portentativa de asasinato Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Биэн Брендан)
Obálky knih,
The Walton's Guide to Irish Music, (p.38) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0066848 IBDB: 4593
Musicbrainz: d18ffad7-355c-40af-b754-01eb21e04d9f Discogs: 819521 Allmusic: mn0001253283 WikiTree: Behan-83 Find a Grave: 2007 Editar o valor en Wikidata

Brendan Francis Behan , en irlandés Breandán Ó Beacháin, nado o 9 de febreiro de 1923 e finado o 20 de marzo de 1964, foi un escritor irlandés en inglés e irlandés e militante do IRA.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Familia e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Behan naceu na cidade de Dublín nunha familia culta da clase traballadora, preocupado pola educación dos seus fillos, seu pai Stephen Behan, un antigo voluntario da Guerra de Indepencia irlandesa, líalle literatura clásica a seus fillos e súa nai, Kathleen realizaba con eles viaxes literarias pola cidade, foi ela, amiga persoal de Michael Collins, quen influíu politicamente nos seus fillos. Brendan Behan escribiu un lamento por Collins, "The Laughing Boy", ós trece anos de idade.

O tío de Behan, Peadar Kearney escribiu Amhrán na bhFiann, o himno nacional irlandés. Seu irmán Dominic Behan, foi tamén un coñecido letrista, autor da letra de The Patriot Game; outro irmán Brian Behan, foi un prominente sindicalista e escritor. Behan deixou a escola ós trece anos para seguir os pasos de seu pai como pintor de casas.

Actividade política

[editar | editar a fonte]

En 1937 a familia trasladouse ó barrio de Crumlin, Behan ingresou no Fianna Éireann, as mocidades do IRA. Publicou os seus primeiros poemas e relatos no voceiro da organización Fianna: the Voice of Young Ireland. En 1931 converteuse no máis novo dos colaboradores do Irish Press ó publicar o poema "Reply of Young Boy to Pro-English verses".

Ós dezaseis anos Behan entrou no IRA e embarcou para Inglaterra nunha misión secreta que tiña como obxectivo destruír os peiraos de Liverpool; descuberto pola policía con explosivos foi sentenciado a tres anos nun correccional, borstal. Sobre eses anos escribiu máis tarde Borstal Boy. Volveu a Irlanda en 1941 e durante a Campaña do Norte do IRA en 1942, Behan foi acusado do intento de asasinato de dous policías en Dublín e sentenciado a catorce anos de prisión que cumpriu na prisión de Mountjoy. As súas experiencias deses anos relatounas en Confessions of an Irish Rebel. En 1946 saíu en liberdade pola amnistía xeral de 1946 e deixou efectivamente o IRA, conservando unha grande amizade co futuro xefe do IRA Cathal Goulding.[1]

As experiencias de Behan na prisión foron determinantes na súa carreira de escritor. En Mountjoy escribiu a súa primeira obra de teatro, The Landlady e comezou a escribir relatos, algúns publicados en The Bell, a principal revista literaria irlandesa da época. Aproveitou a súa estadía no cárcere para aprender irlandés e logo da súa liberación en 1946 pasou algún tempo no Gaeltacht de Galway e Kerry, onde comezou a escribir poesía en irlandés. A comezos da década de 1950 deixou Irlanda vivindo en París durante un tempo. Á volta a Irlanda escribiu para varios xornais, como The Irish Times, e tamén para a radio.

En 1954 tivo o seu primeiro éxito, a obra teatral The Quare Fellow, orixinariamente chamada The Twisting of Another Rope e influenciada polas visicitudes vividas na prisión; a obra representouse durante seis meses no Teatro Pike de Dublín. No Reino Unido a obra representouse primeiro no Theatre Royal Stratford East e despois no West End. Behan xerou unha gran publicidade ó aparecer bébedo no programa de televisión de Malcolm Muggeridge e a obra representouse tamén en Broadway.

En 1957, representouse a súa obra teatral en irlandés, An Giall (O refén) no Damer Theatre de Dublín e realizou en 1958 unha versión en inglés, moi diferente da orixinal The Hostage.

Borstal Boy publicada en 1958 é unha novela autobiográfica, unha memoria vívida do tempo que pasou no correccional de Hollesley Bay en Suffolk.

  • The Quare Fellow (1954)
  • An Giall (1957),
  • The Hostage (1958), versión en inglés da anterior
  • Richard's Cork Leg (1972)
  • Moving Out
  • A Garden Party
  • The Big House (1957)
  • Borstal Boy (1958)
  • Brendan Behan's Island (1962)
  • Hold Your Hour and Have Another (1963)
  • Brendan Behan's New York (1964)
  • Confessions of an Irish Rebel (1965)

Cancións

[editar | editar a fonte]

Biografías

[editar | editar a fonte]
  1. A tribute to The Lost People of Arlington House, The National Archives, London 2004

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]