Brenthis daphne
Aparencia
Brenthis daphne | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() ' | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Brenthis daphne é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae descrita por Denis & Schiffermüller en 1775.[1][2]
Distribución
[editar | editar a fonte]Distribúese polo sur de Europa, nordeste de Turquía, Iraq, Irán, sur dos Urais, noroeste de Kazakhstán, sur de Siberia, Mongolia, a China e o Xapón. Na Península Ibérica atópase na serra de Gredos, serra de Guadarrama, Cataluña, os Pireneos, montes Universales e a cordilleira Cantábrica.[1]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Zonas con flores e arbustos, frecuentemente en claros de bosque.[1] A eiruga aliméntase de diferentes especies do xénero Rubus.[3]
Período de voo e hibernación
[editar | editar a fonte]Univoltina, unha xeración ao ano entre finais de maio e comezos de agosto. Hibernación como ovo ou larva nova.[1]