Brianza
Brianza, ou Briansa en dialecto brianzolo,[1] é unha rexión histórica italiana na Lombardía, situada ao norte da cidade de Milán e ao sur do lago de Como.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Brianza probabelmente deriva do termo celta brig (montaña, altura) que permanece co mesmo significado aínda hoxe en día —principalmente na forma bricch— en moitos dialectos galoitálicos, incluíndo o brianzolo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A Brianza histórica non se corresponde cunha entidade político-administrativa, e durante moitos séculos a expresión máis común para chama-la Brianza foi "montes de Brianza" ou "outeiros de Brianza", no sentido de "rexión montañosa chamada Brianza", onde "de Brianza" é un complemento do nome.
Como límites xerais da rexión pódense sinalar a Canle de Villoresi ao sur, o río Adda ao leste, os vales prealpinos do Triángulo de Lariano até o lugar onde o Lambro sobe cara ao norte e o río Seveso ao oeste.
A pesar da falta dunha institución territorial, o sentimento de pertenza a esta zona está fortemente marcado entre os seus habitantes. Ademais, as distintas áreas de Brianza presentan numerosos trazos que os unen e os diferencian do resto da Lombardía, de natureza xeográfica, demográfica, económica, social, cultural e lingüística.
Hoxe en día a Brianza engloba municipios pertencentes a catro provincias lombardas: a case totalidade de Monza e Brianza, a parte meridional de Como, a parte suroriental de Lecco e unha pequena parte da cidade metropolitana de Milán.[2]
A súa superficie é de 879,8 km², na que vivían en 2016 1 483 336 habitantes, polo que a densidade de poboación nese ano era de 1 685,8 ab./km²
Principais municipios
[editar | editar a fonte]Municipio | Nome en brianzolo | Provincia | Poboación |
---|---|---|---|
Lissone | Lisôn | Monza e Brianza | 44 451 |
Seregno | Serégn | Monza e Brianza | 42 626 |
Desio | Dés | Monza e Brianza | 40 100 |
Cantù | Cantü | Como | 38 591 |
Cesano Maderno | Cesàn Madernu | Monza e Brianza | 37 107 |
Vimercate | Vimercaa | Monza e Brianza | 25 612 |
Giussano | Giüssaan | Monza e Brianza | 24 363 |
Mariano Comense | Mariaan | Como | 23 646 |
Meda | Meda | Monza e Brianza | 23 045 |
Seveso | Séves | Monza e Brianza | 22 877 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O brianzolo é un dialecto do lombardo occidental.
- ↑ Brianza: Situación xeográfica en altabrianza.org.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mauri, Michele & Domenico F. Ronzoni (2003): Ville della Brianza. Ediz. italiana e inglese. Vol. 1. Missaglia, Lecco, Italia: Bellavite. ISBN 978-88-7511-005-5.
- Mauri, Michele & Domenico F. Ronzoni (2004): Ville della Brianza. Ediz. italiana e inglese. Vol. 1. Missaglia, Lecco, Italia: Bellavite. ISBN 978-88-7511-031-4.