Vimercate
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Lombardía | ||||
Provincias | Provincia de Monza e Brianza | ||||
Capital de | |||||
Capital | Vimercate | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.876 (2023) (1.248,84 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 20,72 km² | ||||
Altitude | 194 m | ||||
Comparte fronteira con | Agrate Brianza (pt) Concorezzo (pt) Ornago (pt) Sulbiate (pt) Usmate Velate (pt) Carnate (pt) Bellusco (pt) Bernareggio (pt) Arcore (pt) Burago di Molgora (pt) | ||||
Santo padrón | Estevo Mártir | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 20871 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 039 | ||||
Identificador ISTAT | 108050 | ||||
Código catastral italiano | M052 | ||||
Páxina web | comune.vimercate.mb.it |
Vimercate é unha comuna italiana da provincia de Monza e Brianza, na rexión da Lombardía.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada a 194 msnm, ocupa unha superficie de 20,72 km². No ano 2018 tiña unha poboación de 25 994 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación era nese ano de 1 254,54 hab./km².
Encóntrase no val do Po, na chamada chaira padana, no bordo dos antigamente chamados outeiros de Brianza, ao nordeste de Milán, a capital da rexión, da que dista 29 km. Outras distancias de cidades próximas son: Monza, a 8 km; Bérgamo, a 35 km e Lecco a 31 km.
Na súa parte oriental está atravesada polo regato ou torrente Molgora, que flúe desde o norte, desde o municipio de Usmate, cara ao sur, ao municipio veciño de Burago Molgora.
A parte norte, chamada San Maurizio, é un barrio que conta con dúas igrexas, unha das cales conta cun oratorio, unha área protexida ao redor do regato Molgora e escolas de primeiro e segundo grao.
-
Ponte de San Rocco
(s. III-XIV) -
Villa Gallarati Scotti, na Fracción xeográfica de Oreno
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [https://web.archive.org/web/20181216081210/http://demo.istat.it/bilmens2016gen/index.html Arquivado 16 de decembro de 2018 en Wayback Machine. Datos do ISTAT].
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |