Bugallón
Bugallón | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ranunculus flammula | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
O bugallón[1] ou flámula[1] (Ranunculus flammula) é unha especie da familia das ranunculáceas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Erecta ou rastreira, perenne, bastante carnosa, de 10–50 cm, con follas ovadas e amplas, lanceoladas, e unha ou varias flores amarelas de 7–20 mm de diámetro. 5 sépalos, amarelo averdados; 5 pétalos obovados, amarelo brillante pálido. A maioría das follas de arriba sen pecíolos, as de abaixo pecioladas, todas enteiras ou dentadas. Florea na primavera e no verán.[2]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Brañas, prados moi húmidos, lameiros, turbeiras.
Distribución
[editar | editar a fonte]Toda Europa, agás Turquía e Albania.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Ranunculus flammula foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 548. 1753.[3]
- Citoloxía
Números cromosomáticos de Ranunculus flammula (Fam. Ranunculaceae) e taxons infraespecificos: n=16[4][5]
Ranunculus: nome xenérico que provén do latín serodio que significa "ranciña", de "ra" e un diminutivo final. Isto probabelmente refírese a moitas especies que se atopan preto da auga, como as ras.
flammula: epíteto latino que significa "flámula", "pequena lapa".[6]
- Variedades
- Ranunculus flammula var. flammula
- Ranunculus flammula var. ovalis (J.M.Bigelow) L.D.Benson
- Ranunculus flammula subsp. scoticus (E.S.Marshall) Clapham
- Flammula ranunculus Fourr.
- var. flammula
- Ranunculus flammula var. angustifolius Wallr.
- var. ovalis (J.M. Bigelow) L.D. Benson
- Ranunculus filiformis var. ovalis J.M. Bigelow
- Ranunculus flammula var. samolifolius (Greene) L.D. Benson
- Ranunculus reptans var. ovalis (J.M. Bigelow) Torr. & A. Gray
- Ranunculus reptans var. samolifolius (Greene) L.D. Benson
- Ranunculus samolifolius Greene
- subsp. scoticus (E.S.Marshall) Clapham
- Ranunculus scoticus E.S.Marshall[7]
- Bugallón, flámula, centella, herba do pobre, herba dos esmoleiros, herba dos humeros, lanzoa, lenzoá[8].
O nome bugallón pode referirse ás especies de ranúnculos: Ranunculus acris e Ranunculus repens.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
- ↑ Guía fotográfica de las Flores Silvestres de España y de Europa. Barcelona:Omega. ISBN 84-282-0857-3.
- ↑ "Bugallón".
- ↑ Estudo citotaxonómico do xénero Ranunculus L. sect.
- ↑ Castroviejo, S., Aedo, C., Cirujano, S., Laínz, M., Montserrat, P., Morales, R., Muñoz Garmendia, F., Navarro, C., Paiva, J. & Soriano, C., ed. (1993). "R. flammula L., Sp. Pl.: 548 (1753)". Flora ibérica I. Real Jardín Botánico, CSIC. p. 310. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de marzo de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2014.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Ranunculus flammula
- ↑ Nomes vulgares galegos en E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cody, W. J. 1996. Fl. Yukon Terr. i–xvii, 1–669. NRC Research Press, Ottawa.
- Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., NovaYork.
- Flora of North America Editorial Committee, e. 1997. Magnoliidae and Hamamelidae. 3: i–xxiii, 1–590. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
- Great Plains Flora Association. 1986. Fl. Great Plains i–vii, 1–1392. University Press of Kansas, Lawrence.
- Hickman, J. C. 1993. Jepson Man.: Higher Pl. Calif. i–xvii, 1–1400. University of California Press, Berkeley.
- Hitchcock, C. H., A. J. Cronquist, F. M. Ownbey & J. W. Thompson. 1984. Salicaceae to Saxifragaceae. Part II: 1–597. In Vasc. Pl. Pacif. N.W.. University of Washington Press, Seattle.
- Porsild, A. E. & W. Cody. 1980. Vasc. Pl. Continental Northw. Terr. Canada i–viii, 1–607. National Museum of Natural Sciences, Ottawa.
- Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
- Welsh, S. L. 1974. Anderson's Fl. Alaska Adj. Parts Canada i–xvi, 1–724. Brigham Young University Press, Provo.