Saltar ao contido

Bután nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bután nos Xogos Olímpicos

Código COI BHU
Comité nacional Comité Olímpico de Bután
bhutanolympiccommittee.org (en inglés)
Medalleiro
Ouro
0
Prata
0
Bronce
0
Total
0

Bután participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1984. En cada edición dos Xogos de Verán até o ano 2008, Bután só enviou arqueiros para competir. O tiro con arco é o deporte nacional de Bután.[1] O primeiro deportista non arqueiro enviado para competir por Bután foi a tiradora Kunzang Choden nos Xogos de 2012. Competiu na proba de rifle de aire a 10 metros.[2] O equipo nacional enviado en 2012 non contaba con ningún home.[3] Bután nunca gañou unha medalla olímpica. Malia o feito de que Bután é un país moi montañoso, nunca competiu nos Xogos Olímpicos de Inverno.

O Comité Olímpico de Bután foi creado en 1983 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.

Táboas coas medallas

[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán

[editar | editar a fonte]
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
Os Ánxeles 1984 6 0 0 0 0
Seúl 1988 3 0 0 0 0
España Barcelona 1992 6 0 0 0 0
Atlanta 1996 2 0 0 0 0
Australia Sydney 2000 2 0 0 0 0
Grecia Atenas 2004 2 0 0 0 0
República Popular da China Pequín 2008 2 0 0 0 0
Londres 2012 2 0 0 0 0
Río de Xaneiro 2016 2 0 0 0 0
Xapón Toquio 2020 4 0 0 0 0
Francia París 2024 3 0 0 0 0 -
Os Ánxeles 2028 Evento futuro
Australia Brisbane 2032
Total 0 0 0 0
  1. "Bhutanese Traditional Archery.". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  2. "Olympics-Bhutan is happy to be one of smallest nations at Games, Reuters.". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 19 de setembro de 2020. 
  3. Bhutan 2012 team.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]