Saltar ao contido

Mongolia nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mongolia nos Xogos Olímpicos

Código COI MGL
Comité nacional Comité Olímpico Nacional Mongol
www.olympic.mn (en mongol)
Medalleiro
Ouro
2
Prata
12
Bronce
17
Total
31

Mongolia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1964, e dende entón participou en cada unha das edicións dos Xogos Olímpicos de Verán agás nunha soa ocasión, na que non participou como parte do boicot liderado pola Unión Soviética aos Xogos Olímpicos de 1984.[1] Mongolia tamén participou nos Xogos Olímpicos de Inverno dende 1964, perdendo só os Xogos de Inverno de 1976.

Os atletas mongois gañaron un total de 31 medallas, todas elas nas competicións de verán, nas disciplinas de loita libre, boxeo, tiro e judo. Antes dos Xogos Olímpicos de 2008, Mongolia era o país que máis medallas de prata e bronce gañara sen conseguir ningunha de ouro. Mongolia gañou a súa primeira medalla de ouro en judo con Naidangiin Tüvshinbayar, que gañou na proba de 100 kg masculina.

O Comité Olímpico Nacional Mongol foi creado en 1956 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1962.

Táboas coas medallas

[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán

[editar | editar a fonte]
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
Xapón Toquio 1964 21 0 0 0 0
Cidade de México 1968 16 0 1 3 4 34
República Federal Alemá Múnic 1972 39 0 1 0 1 33
Montreal 1976 32 0 1 0 1 34
Unión Soviética Moscova 1980 43 0 2 2 4 27
Os Ánxeles 1984 non participou
Seúl 1988 28 0 0 1 1 46
España Barcelona 1992 33 0 0 2 2 51
Atlanta 1996 16 0 0 1 1 71
Australia Sydney 2000 20 0 0 0 0
Grecia Atenas 2004 20 0 0 1 1 71
República Popular da China Pequín 2008 29 2 2 0 4 31
Londres 2012 29 0 2 3 5 56
Río de Xaneiro 2016 43 0 1 1 2 67
Xapón Toquio 2020 43 0 1 3 4 71
Francia París 2024 32 0 1 0 1 74
Os Ánxeles 2028 Evento futuro
Australia Brisbane 2032
Total 2 12 17 31 89

Medallas por deporte

[editar | editar a fonte]
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Judo 1 5 6 12
Boxeo 1 2 4 7
Loita 0 4 6 10
Tiro 0 1 1 2
Total 2 12 17 31

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]