Saltar ao contido

Club Baloncesto Marín Peixegalego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CB Peixefresco»)
Club Baloncesto Peixefresco
Información xeral
Liga 1ª División
Alcume Peixes
Fundación 23 de xuño de 2003
Cores           Azul, branco
Adestrador Javier Llorente
Mascota Golfy
Localización
Cidade Galicia Marín, Galicia
Pavillón A Raña
Capacidade 1.000 / 1.500
Inauguración 2001
Campionatos
LEB Prata 1 (2015–16)
Liga EBA 1 (2017–18)
Copa LEB Prata 1 (2015–16)
peixegalego.com

O Club Baloncesto Marín Peixegalego, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Mundioma Marín Ence, é un equipo de baloncesto galego con sede na cidade de Marín (Pontevedra), que compite na Primeira División Nacional, a quinta división do baloncesto español. Disputa os seus partidos no Pavillón da Raña.

Na tempada 2012–13 Javier Llorente foi nomeado adestrador do primeiro equipo, cargo que ocupou durante doce anos consecutivos. Llorente chegara catro anos antes ao club como xogador e no seu debut como adestrador o equipo, que daquela militaba na Liga EBA, conseguiu o ascenso á LEB Prata.[1][2]

Na tempada 2015–16 proclamouse campión da Copa LEB Prata[3] e da LEB Prata, conseguindo así o ascenso á LEB Ouro, onde só permaneceu unha tempada, descendendo de novo ao remate da mesma.[4] Tras unha tempada na Liga EBA por descenso administrativo, o club competiu na LEB Ouro por segunda vez na tempada 2019-20, tras acadar dúas promocións consecutivas. Con todo, a tempada foi suspendida antes de rematar por mor da pandemia por coronavirus, cando o equipo ocupaba a última posición da táboa, e aínda que non se estableceron descensos, o club non foi capaz de reunir a tempo o diñeiro para o aval e a inscrición, necesarios para continuar na categoría, polo que descendeu ata a Primeira Nacional.[5][6] Ese mesmo verán a Federación Española de Baloncesto non concedeu praza na Liga Feminina 2 ao equipo feminino do Peixefresco, que realizou a inscrición malia a non clumprir todos os requisitos que a Federación Española esixía e non posuír dereitos deportivos, deste xeito o Marín quedaba como segundo suplente á espera de que renunciara algún dos 16 clubs inscritos, e finalmente quedaría sen praza ao terse producido tan só unha vacante.[7][8]

Na tempada 2020–21 o equipo dirixido por Iván Villaverde conseguiu o ascenso á Liga EBA ao finalizar campión de Primeira Nacional logo de derrotar na final a catro celebrada en Noia ao Sigaltec Vilagarcia e Bosco Salesianos, nunha tempada na que o conxunto galego contou coa participación de Germán Rodrigues Bamio e Pablo González Covelo, membros do equipo que na tempada 2017-18 bateu rexistros históricos na Liga EBA.[9]

Tempada Nivel División Pos. Resultado LR PO Copa
2005–06 5 1ª División 3 8-6 8-6
2006–07 5 EBA 12 10-16
2007–08 5 EBA 9 15-15
2008–09 5 EBA 15 Descenso 9-19
2009–10 4 EBA 9 14-14
2010–11 4 EBA 2 Subcampión 15-5 5-1
2011–12 4 EBA 4 Segunda rolda 15-5 0-2
2012–13 4 EBA 3 Playoffs de ascenso 16-4 1-2
2013–14 3 LEB Prata 11 9-15
2014–15 3 LEB Prata 6 Cuartos de final 16-12 1-2
2015–16 3 LEB Prata 1 Campión 20-6 Copa LEB Prata Campión
2016–17 2 LEB Ouro 18 Descenso 8-26
2017–18 4 Liga EBA 1 Campión 30-0 4-0
2018–19 3 LEB Prata 2 Playoffs de ascenso 19-15 1-1
2019-20 2 LEB Ouro 18[n 1] Descenso 4-20
2020-21 5 1ª División

Copa Galicia

[editar | editar a fonte]

Copa LEB Prata

[editar | editar a fonte]

Traxectoria en fases de promoción

[editar | editar a fonte]
Partidos xogados en fases de promoción
Tempada Competición Promoción a Rolda Rival Local Visitante
2010-11 Liga EBA LEB Prata Dieciseisavos de final (Grupo A) Fidalgo Vecino 69-59 87-83
Oitavos de final CB Cornellà 73-67 78-81
Cuartos de final Platja de Palma 84-82 89-65
2011-12 Liga EBA LEB Prata Fase de ascenso (Grupo A) Club Deportivo Estela 70-84 65-70
2012-13 Liga EBA LEB Prata Fase Final "2" Sabadell Sant Nicolau 60-71 -
Real Canoe N.C - 70-56
Montajes Rueda-Andújar 77-74 -
2014-15 LEB Prata LEB Ouro Cuartos de final Lucentum Alicante 76-69 77-53, 66-64 (3º)
2017-18 Liga EBA LEB Prata 1º Grupo A-B - 1º Grupo A-A Igualatorio Cantabria Estela 73-66 -
Fase Final Grupo "2" Isover Basket Azuqueca 74-62 -
L'Alfás del Pi - Serra Gelada 65-63 -
Valencia Basket 76-84 -
2018-19 LEB Prata LEB Ouro Fase de ascenso (semifinais) CB Villarrobledo 87-71 70-78

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Os seguintes son todos os adestradores principais que pasaron pola disciplina do primeiro equipo do club.

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
CB Marín Ence Peixegalego 2019-20 (LEB Ouro)
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
AP 4 España Díaz, Jacobo 2.06 m (6 ft 9 in) 98 kg (215 lb) Indiana University of Pennsylvania
A 5 Badmus, Taiwo 2.01 m (6 ft 7 in) 92 kg (202 lb) Virginia-Wise University
E 6 Galicia Noguerol, Carlos 1.85 m (6 ft 1 in) 79 kg (175 lb) Bodegas Rioja Vega
B 7 Orellano, Juan Martín 1.98 m (6 ft 6 in) Xuventude Cambados
E 10 Saunders, Romone 1.91 m (6 ft 3 in) 95 kg (210 lb) Wagner University
E 11 Hernandez, Joel 1.91 m (6 ft 3 in) 82 kg (180 lb) Busan KT Sonicboom (Corea do Sur)
A 13 Galicia Seoane, Rodrigo 2.03 m (6 ft 8 in) UCAM Murcia
AP 14 Galicia Mazaira, Álex 2.06 m (6 ft 9 in) 100 kg (220 lb) Zornotza Saskibaloi Taldea
P 15 Países Baixos Doorson, Shaquille 2.13 m (7 ft 0 in) 125 kg (275 lb) Rutgers University
A 22 Quinn, Diago 2.06 m (6 ft 9 in) 116 kg (255 lb) Monmouth University
Adestrador
  • España Javier Llorente
Asistente(s)
  • Galicia Diego Gómez
  • Galicia Pedro Fernández

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 26-7-2019

Líderes estatísticos

[editar | editar a fonte]

Partidos

Dorsal Xogador Rexistro
1 12 Gregorio Adón 218
2 6 / 9 Pablo González 215
3 6 Manuel Ferreiro 182
4 8 Pablo Alonso 169
5 10 Luis González 160

Minutos

Dorsal Xogador Rexistro
1 6 Manuel Ferreiro 4.628
2 12 Gregorio Adón 4.410
3 10 Luis González 4.028
4 8 Pablo Alonso 3.546
5 6/9 Pablo González 2.826

Puntos

Dorsal Xogador Rexistro
1 12 Gregorio Adón 1.725
2 10 Luis González 1.620
3 8 Pablo Alonso 1.269
4 6 Manuel Ferreiro 1.107
5 11 Álvar Vázquez 986

Puntos por temporada

Dorsal Xogador Tempada Rexistro
1 30 Desmond Simmons 2017-18 18.3
T2 32 Tim Derksen 2016-17 18.1
T2 5 Javonte Green 2015-16 18.1
4 11 Gabriel Rogers 2015-16 17.6
5 11 Michael Bonaparte 2009-10 17.1

Rebotes

Dorsal Xogador Rexistro
1 8 Pablo Alonso 832
2 12 Gregorio Adón 652
3 15 Antonio Pantín 507
4 13 Joseba Aramburu 480
5 10 Luis González 433

Asistencias

Dorsal Xogador Rexistro
1 6 Manuel Ferreiro 497
2 4 Darío Suárez 235
3 51 Jorge Romero 210
4 10 Luis González 168
5 12 Gregorio Adón 161

Robos

Dorsal Xogador Rexistro
T1 6 Manuel Ferreiro 181
T1 12 Gregorio Adón 181
3 8 Pablo Alonso 109
4 4 Darío Suárez 107
5 6 / 9 Pablo González 100

Tapóns

Dorsal Xogador Rexistro
T1 14 Vashil Fernandez 75
T1 13 Joseba Aramburu 74
3 12 Gregorio Adón 55
4 15 Antonio Pantín 48
5 14 Tre Hale-Edmerson 39
  1. A liga foi suspendida antes de tempo por mor da pandemia por coronavirus.
Referencias
  1. Amil, Nieves D (25 de febreiro de 2020). "Javi Llorente deja el Peixe después de ocho años al frente". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  2. "CB Peixefresco Marín" (en castelán). muevetebasket.es. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "¡Marín Ence Peixegalego, campeón! (66-76)". FEB (en castelán). Consultado o 2019-07-26. 
  4. Feb; @baloncestofeb (2016-03-26). "Más 'Galicia Calidade' en la LEB Oro: el Peixegalego confirma su ascenso". Marca.com (en castelán). Consultado o 2019-07-26. 
  5. Espiño, Diego (17 de xullo de 2020). "O Peixe Galego paga a inscrición en LEB Ouro pero chega tarde co aval e queda en mans da Federación". Pontevedra Viva. Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  6. Espiño, Diego (21 de xullo de 2020). "Oficial: A Federación deixa o Peixe Galego sen praza en LEB Ouro e o resto de categorías nacionais". Pontevedra Viva. Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  7. "Deniegan la plaza en Liga Femenina 2 al Peixe, que se queda como suplente". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xuño de 2020. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  8. "El Marín Peixegalego cae a las catacumbas del baloncesto". Diario de Pontevedra (en castelán). 22 de xullo de 2020. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  9. "Volvemos a EBA!!!!" (en castelán). Club Baloncesto Peixefresco. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2021. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  10. Pouseu, Damián (29 de agosto). "El Marín Peixe Galego renuncia a participar en 'su' Copa de Galicia". diariodepontevedra.es. Consultado o 26 de xullo, 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]