Saltar ao contido

Café Bleu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Café Bleu
Álbum de The Style Council
Publicado16 de marzo de 1984
Gravaciónoutubro de 1983 - xaneiro de 1984
Estudio(s)Solid Bond e CBS, Londres
Duración43.57
Xénero(s)sophisti-pop
Selo(s)Polydor Records
Producido porPaul Weller, Peter Wilson
Cronoloxía
Introducing The Style Council
(1983)
Café Bleu Our Favourite Shop
(1985)

Café Bleu é o primeiro álbum oficial da banda inglesa de pop The Style Council, publicado o 16 de marzo de 1984 a través do selo Polydor Records. O disco foi producido por Paul Weller con Peter Wilson. Seguiu a catro sinxelos que non estaban en ningún álbum no Reino Unido, publicándose os tres primeiros (e as súas caras b) como o álbum Introducing The Style Council en América do Norte, Australasia, Xapón e algúns países europeos. O álbum gravouse principalmente nos Solid Bond Studios (propiedade de Weller), agás as cordas que foron gravadas na CBS.[1]

Café Bleu incluíu un gran número de músicos extra, coñecidos como "Conselleiros Honorarios", e entre eles estaban Tracey Thorn e Ben Watt de Everything but the Girl. O álbum representou un gran cambio con respecto ao anterior grupo de Weller, The Jam, e cara á incorporación dos seus elementos favoritos de soul clásico, jazz e rap. O disco recibiu críticas mixtas no seu lanzamento, pero converteuse no maior éxito da banda na lista de álbums do Reino Unido, pasando 38 semanas na mesma.[2] Os sinxelos "My Ever Changing Moods" e "You're the Best Thing" chegaron ao top 10 na lista de sinxelos do Reino Unido.[2] A versión do sinxelo de "My Ever Changing Moods" é unha gravación diferente á versión do álbum.

Café Bleu pasou a chamarse My Ever Changing Moods nos Estados Unidos para capitalizar o éxito do sinxelo do mesmo nome, e presentaba unha lista de cancións lixeiramente diferente.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Paul Weller, agás onde se indique. 

Cara 1
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Mick's Blessings"  Mick Talbot 1:15
2. "The Whole Point of No Return"    2:40
3. "Me Ship Came In!"    3:06
4. "Blue Café"    2:15
5. "The Paris Match"    4:25
6. "My Ever Changing Moods"    3:37
7. "Dropping Bombs on the Whitehouse"  Weller, Talbot 3:15
Cara 2
N.º Título Duración
8. "A Gospel"   4:44
9. "Strength of Your Nature"   4:20
10. "You're the Best Thing"   5:40
11. "Here's One That Got Away"   2:35
12. "Headstart for Happiness"   3:20
13. "Council Meetin"   2:29
43.57
  1. "Interview with Peter Wilson (Producer: Café-Bleu)". Home Studio Recording. Vol. 1, no. 9. Xuño de 1984. p. 30
  2. 2,0 2,1 "STYLE COUNCIL". Official Charts (en inglés). 1983-03-19. Consultado o 2024-08-18.