Saltar ao contido

The Style Council

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Style Council
OrixeWoking, Surrey, Inglaterra Inglaterra
Período1982 - 1989
2019
Xénero(s)pop, sophisti-pop, blue-eyed soul, new wave, jazz
Selo(s) discográfico(s)Polydor, Geffen
Antigos membrosPaul Weller
Mick Talbot
Dee C. Lee
Steve White
Na rede
http://www.thestylecouncil.co.uk
IMDB: nm11183908 Facebook: StyleCouncilUMC Twitter: mrcoolsdream Spotify: 3loflELg7MzgrOyNqERolN iTunes: 140549 Musicbrainz: 34e56f20-ddda-48c9-a4bb-6bb12df57de0 Songkick: 389842 Discogs: 28875 Allmusic: mn0000918600 Deezer: 4090 Editar o valor en Wikidata

The Style Council foi unha banda británica formada a finais de 1982 por Paul Weller, o ex vocalista, compositor principal e guitarrista de The Jam, e o teclista Mick Talbot, antes en Dexys Midnight Runners, The Bureau e The Merton Parkas.[1] Weller comezou o proxecto para escapar das restricións de The Jam, e explorar unha dirección máis artística, europea e jazzeira,[2] que abarcaba o pop, o hip hop e o soul.[3][4]

A formación permanente creceu ata incluír ao batería Steve White e á entón moza de Weller, a vocalista Dee C. Lee.[5] Outros artistas como Tracie Young, Tracey Thorn (Everything but the Girl) e o batería/percusionista Steve Sidelnyk[6] (que tocou para Madonna, Seal e Richard Ashcroft[7]) tamén actuaron e colaboraron co grupo. Do mesmo xeito que coa banda anterior de Weller, a maioría dos éxitos do grupo con base en Londres foron na súa terra natal, onde conseguiron sete éxitos no top 10.[5] A banda tamén tivo sinxelos e álbums que triunfaron en Australia e Nova Zelandia durante a década de 1980.[8]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Café Bleu 1984 Polydor, Geffen Records
Our Favourite Shop 1985 Polydor, Geffen Records
The Cost of Loving 1987 Polydor
Confessions of a Pop Group 1988 Polydor
Modernism: A New Decade 1998 Polydor
  1. "The Style Council". Discogs. Consultado o 17 de agosto de 2024. 
  2. Blackmore, Jeremy (2022-08-17). "Vive le Style Council!". The New European (en inglés). Consultado o 2024-08-17. 
  3. "Paul Weller: "The Style Council Taught Me To Not Be a Cunt"". Esquire (en inglés). 2020-10-31. Consultado o 2024-08-17. 
  4. Naughton, Pete (2015-12-05). "Paul Weller, Eventim Apollo: 'the modfather remains a dynamic force'". The Telegraph (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2024-08-17. 
  5. 5,0 5,1 Roberts, David (2006). British Hit Singles & Albums (19ª ed.). London: Guinness World Records Limited. p. 537. ISBN 1-904994-10-5.
  6. "The Style Council - The Cost Of Loving". Discogs. Consultado o 17 de agosto de 2024. 
  7. "Steve Sidelnyk Songs, Albums, Reviews, Bio & M...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-08-17. 
  8. Kent, David (1993). Australian Chart Book 1970–1992. St Ives, NSW: Australian Chart Book. ISBN 0-646-11917-6