Café con Gotas
Café con Gotas | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua castelá |
[ editar datos en Wikidata ] |
Café con Gotas foi unha revista editada en Santiago de Compostela de 1886 a 1892 con interrupcións.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Semanario humorístico sin tostada e Semanario cómico, satírico, ilustrado etc, apareceu o 17 de outubro de 1886, e atravesou tres épocas de edición. Foi dirixida por Manuel Carballido García na primeira época, por Antonio Felipe Lueiro na segunda, e por Moisés González Besada na terceira. Editouse na imprenta de Alonso Viéitez. Ao longo dos anos contou coas colaboracións de Manuel Curros Enríquez, Alberto García Ferreiro, Enrique Labarta Pose, Aurelio Ribalta e os irmáns Valle-Inclán (Ramón e Carlos). Tiña como seccións: "Sin tostada" e "Gotas". Apareceron algunhas composicións en galego e caricaturas de personaxes coñecidos da época, realizados por José Pando.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Santos Zas, Margarita (1999) Café con gotas: semanario satírico ilustrado, 1886-1892 Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. XIV-XVI
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Café con Gotas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Rodríguez, R.: "La prensa santiaguesa de hace cien años". La Voz de Galicia. 29/4/1982.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Santos Zas, Margarita (1999): Café con gotas: semanario satírico ilustrado, 1886-1892 (facsímile) Grupo de Investigación Valle-Inclán. USC. ISBN 84-8121-775-1.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da literatura galega. I. Autores. Galaxia. pp. 92–93. ISBN 84-8288-019-5.