Call of Duty 2: Big Red One
Call of Duty 2: Big Red One | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Treyarch e Xatrix Entertainment |
Distribuidora(s) | Activision e Konami |
Compositor(es) | Graeme Revell |
Lanzamento | 1 de novembro de 2005, 18 de novembro de 2005 e 29 de xuño de 2006 |
Xénero | videoxogo de disparos en primeira persoa |
Modos de xogo | videoxogo multixogador e videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | Xbox, PlayStation 2 e GameCube |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Call of Duty 2: Big Red One é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, programado por Treyarch, con colaboración de Gray Matter Interactive e Pi Studios. Foi distribuído por Activision e posto á venda en novembro de 2005 para GameCube, Xbox e Playstation 2. Ao igual co seu predecesor Call of Duty: Finest Hour, trátase dun FPS (first person shooter) ambientado na segunda guerra mundial.
Argumento
[editar | editar a fonte]O xogo narra unha serie de batallas da segunda guerra mundial nas que interveu a unidade estadounidense Primeira división de infantería , alcumada a Big Red One, que inclúen combates no norte de África, en Italia e na Francia ocupada. A parte final do xogo sitúase no cruzamento da liña Sigfrido na fronteira coa Alemaña nazi.
Multixogador
[editar | editar a fonte]Big Red One inclúe multixogador en liña nas versións de PS2 e Xbox, para ata 32 xogadores, pero non na de GameCube. Unha parte do código e dos modos multixogador foron introducidos xa en Call of Duty e Call of Duty: Finest Hour.
Recepción e crítica
[editar | editar a fonte]Este videoxogo recbiu boas críticas nas tres versións, un 77 na versión de PS2 [1], un 78 en Xbox [2] e un 76 na de GameCube [3].
Vendas
[editar | editar a fonte]A versión de PS2 logrou vender 2,32 millóns de unidades [4] e a de Xbox 1,14 [5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2010.
- ↑ http://vgchartz.com/games/game.php?id=4932®ion=Japan
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=299®ion=All