Callophrys avis
Callophrys avis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto cerca de Castellar, Bages | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Callophrys avis Chapman 1909 |
Callophrys avis (Chapman, 1909) é un lepidóptero ropalócero da familia Lycaenidae.[1][2][3]
Distribución
[editar | editar a fonte]Moi restrinxida. En África distribúese por Marrocos e Alxeria: atópase en Tánxer, Alxer, Jenchela e Zerhoun. En Europa, por Francia, España e Portugal: Cáceres, Cádiz, Málaga, Teruel, metade oriental de Cataluña, sur de Portugal e desde os Pireneos Orientais até os Alpes Marítimos.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Imago
[editar | editar a fonte]Tamaño pequeno. Destaca a súa coloración verde do reverso (cunha pequena franxa descontinua branca nas ás posteriores), aspecto que na Península Ibérica soamente comparte con Callophrys rubi e lixeiramente con Tomares ballus, só que esta última especie tamén presenta tonalidades laranxa e as verdes están localizadas nas ás posteriores; en cambio é moi similar á primeira; para diferencialas con certeza tense que observar a pilosidade da fronte (espazo entre os dous ollos), vermello en C. avis, aínda que hai algunha outra pequena diferenza. Anverso uniforme de cor marrón escuro. Dimorfismo sexual case inexistente.
Eiruga
[editar | editar a fonte]Pouco coñecida; coa forma típica de licénido. Nunha das formas coñecidas é verde con ambas as franxas laterais máis claras e dúas máis dorsais da mesma tonalidade e punteadas de vermello.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Zonas arbustivas e secas con abundancia de érbedo (Arbutus unedo), a principal planta nutricia da eiruga. Esta tamén se pode alimentar de Coriaria, Viburnum e Salvia.[1]
Período de voo e hibernación
[editar | editar a fonte]Unha xeración ao ano. Os imagos voan entre finais de marzo e mediados de xuño dependendo da localidade e da altitude. Hiberna como pupa.[1]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Sobre arbóreas, as femias poñen os ovos en follas novas adxacentes a flores secas ou froitos, evitando plantas novas ou rebrotadas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- European Butterflies (inglés)
- Insectarium Virtual (castelán)
- Moths and butterflies of Europe and North Africa (inglés)