Saltar ao contido

Callosobruchus chinensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Callosobruchus chinensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Clado: Phytophaga
Superfamilia: Chrysomeloidea
Familia: Chrysomelidae
Xénero: Callosobruchus
Especie: C. chinensis
Nome binomial
Callosobruchus chinensis
Linnaeus, 1758

Callosobruchus chinensis é unha especie común de escaravellos crisomélidos da subfamilia Bruchinae, que é unha praga dos lugares onde se almacenan moitos tipos de legumes.[1][2] Esta especie ten un estilo de vida e hábitat moi similar á de Callosobruchus maculatus e é moi fácil confundilos.[3] Este escravello está distribuído nas rexións tropicais e subtropicis do mundo. C. chinensis é unha das pragas máis daniña para a industria dos legumes debido a que ten unha dieta xeneralizada de legumes e unha ampla distribución.[4]

O primeiro rexistro da descrición de C. chinensis fíxose na China, de onde este animal toma o seu nome específico.[5]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

C. chinensis ten un patrón de distribución cosmopolita e foi detectado na maioría dos países debido á exportación comercial de feixóns.[5] Porén, a área natural de distribución deste escaravello son as rexións tropicais e subtropicais de Asia, e as súas poboacións creceron enormemente desde que se estendeu o cultivo e distribución de legumes. A súa distribución está moi influenciada pola produción humana, porque só viven de legumes que sexan adecuados para eles, xa que se aparean sobre elas e as súas larvas e adultos se alimentan delas.

Algunhas das plantas hóspedes deste escaravelolo son o feixón chinés Vigna radiata, as lentellas, o Cajanus cajan, o caupí (Vigna unguiculata), garavanzos e outras especies, aínda que poden vivir de moitos máis legumes hóspedes.[6] En hábitats tropicais as especies que prefire son a Vigna radiata e os garavanzos.

Chega ao tamaño necesario para poñer ovos e infestar os legumes nos meses de xullo-agosto.[5]

Descrición

[editar | editar a fonte]

C. chinensis é un pequeno insecto que crece como adulto ata os 5 mm de lonxitude. A diferenza dos Curculionidae, C. chinensis non ten "morro". O estado adulto ten cor castaña con manchas negras e grises sobre o corpo. O abdome da femia é lixeiramente máis longo que os élitros e é branco con dous puntos negros ovais. Os adultos poden voar e dispersarse así doadamente a outros campos e lugares de almacenamento de legumes.

Esta especie mostra certo dimorfismo sexual, xa que a femia é máis grande e pesada que o macho. As antenas son pectinadas nos machos pero serradas nas femias.[5]

As larvas son branco amareladas con patas reducidas. As pupas son catañas escuras e a pupación ocorre dentro do legume. Os ovos aparecen en solitario e teñen cor amarela que se fai opaca cando eclosionaron.[3] Os ovos son moito máis pequenos en áreas nas que hai gran densidade de poboación destes animais para así acomodarse á competición polos recursos no legume, o que ten como resultado adultos máis pequenos e menos larvas viables.[4]

Ciclo de vida

[editar | editar a fonte]

As femias poñen os ovos directamene sobre a superficie do legume un por un, movéndose para poñer o seguinte ovo a outra parte do legume ou a outro legume dependendo da competencia con outras femias e a cantidade de legumes dispoñibles. Poden poñer ata 90 ovos despois dunha soa fecundación. A fecundidade está en relación co legume que están usando como hóspede e da fitness da femia.[5] Os ovos xeralmente eclosionan de 3 a 5 días despois e as novas larvas entérranse dentro do legume, onde permenecen o resto do seu desenvolvemento. A larva mastiga o legume facendo túneles ata que está lista para pupar.

Os adultos maduros emerxen do legume mordéndoo e facendo unha abertura de saída de forma circular desde o seu casulo uns 25 días despois de eclosionaren. Os escaravellos adultos viven dúas semanas unha vez que saíron da pupa.[4]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Os machos de C. chinensis teñen longos escleritos xenitais situados ao final do seu órgano copulador. Este utilízase para transferir o esperma con grande efectividade, xa que actúa como áncora que se engancha no interior da abertura xenital da femia. Estes escleritos non parecen danar significativamente o tracto reprodutivo da femia (como si se observa en especies similares), xa que os escleritos están menos desenvolvidos que os de especies como Callosobruchus maculatus. O órgano copulador do macho, cando está estendido pode ser de case dúas veces o tamaño total do escaravello, mais soamente se insire dentro da femia a súa punta durante a reprodución.[7]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Finximento da morte

[editar | editar a fonte]

C. chinensis presenta un comportamento de finximento da morte como un método antidepredadores. Durante este comportamento, con certos estímulos que "espertan" o insecto, o escaravello rola sobre as súas costas e curva as súas patas. Isto úsano probablemente para disuadir a avespas parasitoides de que o depreden.[8]

A temperatura altera este comportamento nos escaravellos adultos. A medida que aumentan as temperaturas, este comportamento faise menos común.[8] Un tamaño corporal máis grande tamén supón un declive nesta tanatose.[9]

Copulación heteroespecífica

[editar | editar a fonte]

Os machos de C. chinensis intentan copular con femias de Callosobruchus maculatus. Isto obsérvase comunmente nestes insectos cando estas dúas especies do mesmo xénero solapan os seus nichos principais. Este comportamento reduce a fecundidade das femias en C. maculatus, aínda que non está claro por que acontece. Esta copulación heteroespecífica indiscriminada tamén se observou cando estaban presentes femias de C. chinensis.[3]

  1. Srinivasan, T.; Durairaj, C. (2008). "Damage Potential of Bruchids in Different Edible Legumes and Interspecific Competition Between Two Species of Callosobruchus spp. (Bruchidae: Coleoptera)". ICFAI Journal of Life Sciences 2 (4): 42–49. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2015. Consultado o 21 de maio de 2016. 
  2. Chandra, Girish. "Callosobruchus chinensis The Pulse Beetle Cowpea Bruchid". IASZOOLOGY.COM. IAS Zoology. Consultado o 28 November 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Kyogoku, D; Nishida, T. (2013). "The mechanism of the fecundity reduction in Callosobruchus maculatus caused by Callosobruchus chinensis males". Population Ecology 55 (1): 87–93. doi:10.1007/s10144-012-0344-3. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Yanagi, S.; Saeki, Y.; Tuda, M. (2013). "Adaptive Egg Size Plasticity for Larval Competition and its Limits in the Seed Beetle Callosobruchus chinensis". Entomologia Experimentalis et Applicata 148 (2): 182–187. doi:10.1111/eea.12088. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Varma, S.; Anadi, P. (2010). ". Biology of Pulse Beetle (Callosobruchus chinensis Linn., Coleoptera: Bruchidae) and Their Management Through Botanicals on Stored Mung Grains in Allahabad Region". Legume Research: An International Journal 33 (1): 38–41. 
  6. Neog, P. (2012). "Studies on adult longevity of Callosobruchus chinensis (L.) developing in different pulses". International Journal of Bio-resource and Stress Management 3 (3): 383–386. 
  7. Sakuri, G.; Himuro, C.; Kasuya, E. (2012). "Intra-specific Variation in the Morphology and the Benefit of Large Genital Sclerites of Males in the Adzuki Bean Beetle (Callosobruchus chinensis)". Journal of Evolutionary Biology 25 (7): 1291–1297. doi:10.1111/j.1420-9101.2012.02517.x. 
  8. 8,0 8,1 Miyatake, T.; Harano, T.; Okada, K. (2008). "Negative relationship between ambient temperature and death-feigning intensity in adult Callosobruchus maculatus and Callosobruchus chinensis". Physiological Entomology 33 (1): 83–88. doi:10.1111/j.1365-3032.2007.00607.x. 
  9. Hozumi, N.; Miyatake, T, (2005). "Body-size dependent difference in death-feigning behavior of adult Callosobruchus chinensis". Journal of Insect Behavior 18 (4): 557–566. doi:10.1007/s10905-005-5612-z.