Camarón de praia
Camarón de praia Palaemon elegans | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Palaemon elegans Rathke, 1837 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
O camarón de praia,[1] ou camarón das pozas,[2] Palaemon elegans, é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos palemónidos (Palaemonidae).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por primeira en 1837 vez polo científico alemánn Martin Rathke.[3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:
- Palaemon squilla Leach, 1816
- Leander squilla elegans (Rathke, 1837)
- Palaemon minans Norman, 1861
- Palaemonella gracilis Paulson, 1875
- Leander squilla prototypa Czerniavsky, 1884
- Leander squilla brevidigitata Czerniavsky, 1884
- Leander squilla typica Czerniavsky, 1884
- Leander squilla intermedia De Man, 1915
Nomes populares galegos
[editar | editar a fonte]Ramonell dálle a esta especie o nome de camarón da praia,[4] igual que fai Daviña Facal,[5] mentres que Ríos Panisse só recolle para ela (citada polo sinónimo Palaemon squilla) o de camarón, sen adxectivos, en Laxe, e tamén apunta que así o denominan Valladares, Crespo e Cornide, aparecendo tamén recollido con este nome no dicionario da RAG dos anos 1930.[6]
Características
[editar | editar a fonte]Palaemon elegans é un camarón típico, co corpo cilíndrico, algo deprimido lateralmente, composto por un cefalotórax na parte dianteira e un abdome formado por seis segmentos. Ten o rostro ancho, curto e bastante recto (só lixeiramente arqueado cara a arriba), con distintivos dentes dorsais (6 ou 7, ás veces até 9) e ventrais (3 ou 4). Xusto debaixo dos grandes ollos compostos están as anténulas, que se dividen en tres partes e, por debaixo delas, as antenas; divididas en dúas partes.[7][4] Os dous primeiros pares de patas marchadoras rematan en quelas (pinzas).
É o máis pequeno dos camaróns galegos, alcanzando tan só 5 ou 6 cm de lonxitude (sen contar as antenas).[4]
A súa coloración é gris translúcida, con liñas de cor verella apardazada, escuras, no cacho (cefalotórax), con algúns cromatóforos brancos, e o abdome con liñas transversais negras alternando con liñas de puntos brancos. Os segmentos quinto e sexto, e mais o telson, teñen manchas alaranxadas. O segundo par de patas ten os dáctilos de cor azul coas puntas amarelas, propodios tamén azuis, con cíurculos alaranxados e brancos.[4]
Palaemon elegans é moi semellante a Palaemon serratus, Palaemon longirostris e Palaemon adspersus, pero pode distinguirse destes outros camaróns polo número de dentes rostrais e o pedipalpo mandibular, que se compón de dous segmentos. A especie máis parecida é P. adspersus, que é de tamaño un pouco maior, 7 cm como máximo, mentres que P. serratus, o camarón "propiamente dito" chega até os 10 cm.[7][4]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]Vive en pozas litorais e zonas rochosas de pouca profundidade (nunca a máis de 40 m) e con moita vexetación,[4] en augas de temperaturas entre os case 7 e os case 12 °C, e cunha salinidade de entre o 10 e o 35 ‰.[7]
Distribución
[editar | editar a fonte]É un camarón propio das augas do Atlántico nororiental, especialmente nas costas das illas Británicas, mar do Norte, Alemaña, Dinamarca e sur de Suecia e Noruega, e tamén se acha no Mediterráneo, especialmente no oriental, chagando até o mar Negro, pero tamén se estende polo sur polas costas africanas subtropicais e tropicais, desde Marrocos até Namibia.[7] É frecuente en todo o litoral da Península Ibérica e, obviamente, nas rías galegas.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 224.
- ↑ A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 30 de xuño de 2022.
- ↑ Rathke, H. (1837): "Zur Fauna der Krym". Mémoires de l’Académie Impériale des Sciences de St. Pétersbourg 3: 291-454, Láminas 1-10.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Ramonell, R. (1985), p. 214.
- ↑ Daviña Facal, Luís (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 750. ISBN 84-95335-46-8
- ↑ Ríos Panisse (1977), p. 43.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 EOL Arquivado 31 de outubro de 2013 en Wayback Machine..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camarón de praia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Costello, M. J. et al. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-289. ISBN 2-85653-538-0.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
- Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.