Camillo-Guarino Guarini
Aparencia
Camillo-Guarino Guarini (7 de xaneiro, 1624 - 1683) foi un sacerdote, matemático, escritor e arquitecto.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/81/Guarini_-_Compendio_della_sfera_celeste%2C_1675_-_874474_F.jpg/170px-Guarini_-_Compendio_della_sfera_celeste%2C_1675_-_874474_F.jpg)
Nacido en Módena, estudou matemáticas, foi profesor de literatura e filosofía en Mesina e arquitecto do duque Filiberto de Savoia, escribiu libros de matemáticas en latín e italiano e o seu Euclides adauctus foi unha das primeiras obras de xeometría descritiva.
Realizou a súa actividade arquitectónica en Turín inspirada na obra de Francesco Borromini, de quen procede o sentido ondulante das estruturas e elemementos, o carácter determinante do espazo, creando ámbitos con maior fantasía e variedade formal.