Campionato do mundo de tríatlon 2007
Tipo | Campionato do mundo de tríatlon |
---|---|
Localización e Datas | |
Localización | Hamburgo (Alemaña) 53°33′N 10°00′L / 53.55, 10 |
País | Alemaña |
Número de edición | 19 (2007) |
Competición | |
Primeiro posto | Daniel Unger |
O XIX Campionato do mundo de tríatlon celebrouse do 30 de agosto ao 2 de setembro de 2007 na cidade alemá de Hamburgo.
Organización
[editar | editar a fonte]Foi a primeira vez que unha cidade alemá organizaba os mundiais de tríatlon. Participaron 7.000 triatletas en total, entre as probas de afeccionados, as dos grupos de idade, as de para persoas con discapacidade e as competitivas. Nas probas competitivas foron seleccionados 480 triatletas, 240 homes e 240 mulleres, repartidos equitativamente entre categoría absoluta (chamada elite), sub23 e júnior (menores de 19 anos).
Se ben houbo representantes inscritos procedentes de Illas Cook ou Tahití, entre as categorías competitivas só participaron atletas de estados plenamente recoñecidos, ademais de Hong Kong ou Porto Rico e un participante que o fixo representando a Unión Internacional de Tríatlon (ITU). En total foron 55 países, dos que case a metade (26) foron europeos, e só 3 africanos.
Participación galega
[editar | editar a fonte]Disputaron os mundiais de Hamburgo tres galegos: Xavier Gómez Noia e Iván Raña na categoría elite e Aida Valiño na sub23. Todos eles fixérono dentro da selección española.
- Aida Valiño retirouse na proba de bicicleta.
- Iván Raña retirouse na cuarta volta da carreira a pé[1].
- Xavier Gómez Noia proclamouse subcampión logo de ser derrotado ao esprín e por só 4" polo alemán Daniel Unger[2].
Resultados
[editar | editar a fonte]Proba | |||
---|---|---|---|
elite mulleres | Vanessa Fernandes • 1:53'27" | Emma Snowsill • 1:54'31" | Laura Bennett • 1:54'36" |
elite homes | Daniel Unger • 1:43'18" | Xavier Gómez Noia • 1:43'22" | Brad Kahlefeldt • 1:43'36" |
sub23 mulleres | Lisa Norden • 2:01'24" | Jasmine Oeinck • 2:02'15" | Renata Koch • 2:02'41" |
sub23 homes | Gregor Buchholz • 1:49'31" | Brendan Sexton • 1"49'34" | Ivan Vasiliev • 1"49'40" |
júnior mulleres | Hollie Avil • 59'43" | Ashleigh Gentle • 59'54" | Rebecca Robisch • 1:00'10" |
júnior homes | Aurélien Raphael • 53'43" | Alistair Brownlee • 54'09" | Vincent Luis • 54'14" |