Carlos Penela
Aparencia
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1975 (49 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Premios | |
Carlos Penela Martín, nado en Vigo o 16 de maio de 1975, é un poeta galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicouse a tradución e á docencia. Reside en Viena.
Ten colaborado con revistas e xornais como Grial, A Trabe de Ouro, Revista da AELG e Nós Diario. Tamén publicou ensaios e artigos literarios e culturais desde os seus blogs, dedicados, a dar a coñecer a cultura de Europa central.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- As linhagens do frio (1998). Culleredo: Espiral Maior.
- Acaso o inverno (2001). Sada: Ediciós do Castro. 50 páxs. ISBN 9788484850397.
- O que ardeu nos espellos (2004). A Coruña: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. 42 páxs. ISBN 9788495289599.
- Sombras, rosas, sombras (2008). Santiago: PEN Clube de Galicia. 162 páxs. ISBN 9788493615857.
- Arte de fuga (2014). Deputación da Coruña. 52 páxs. ISBN 9788498122534.
- Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo (2019). Santiago: Chan da Pólvora, col. Elba, nº 3. ISBN 9788412101836
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016). Fervenza.
- Relatos da Ulloa (2019). Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1997: Premio Espiral Maior de Poesía[3],
- 2000: Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, por Acaso o inverno.[4]
- 2004: Accésit do Premio Esquío de poesía.
- 2007: Premio de poesía Caixanova por Sombras, rosas, sombras.[5]
- 2014: Premio de poesía Miguel González Garcés por Arte de fuga,
- 2018: Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón por Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo.[6]
- 2022: Premio de Poesía Concello de Carral por Trono e Caléndula.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Penela, Carlos (abril, maio, xuño 2022). "Por Ucraína libre". Grial LX (234): 124–127. ISSN 0017-4181.
- ↑ Escudero, A. (31 de maio de 2022). "'Trono e caléndula', os versos premiados de Carlos Penela marcados pola musicalidade". Nós Diario: 29.
- ↑ Carlos Penela Martín, gañador do VI Premio de Poesía Caixanova Arquivado 16 de setembro de 2018 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 12 de decembro de 2007.
- ↑ "A vida sombriza" (PDF). www.aelg.gal.
- ↑ "Carlos Penela Martín, gañador do VI Premio de Poesía Caixanova". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-05-31.
- ↑ Diario, Nós (2018-12-18). "Carlos Penela gaña por segunda vez o Lorenzo Baleirón de poesía". Nós Diario. Consultado o 2022-05-31.
- ↑ "Carlos Penela gaña o 25º Premio de poesía Concello de Carral". Concello de Carral. Consultado o 2022-05-31.