Saltar ao contido

Carme Chaparro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarme Chaparro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María del Carmen Chaparro Martínez Editar o valor em Wikidata
5 de febreiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Salamanca, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMajadahonda Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultat de Ciències de la Comunicació - ciências da comunicação (pt) Traducir (1991–1996) Editar o valor em Wikidata
Altura161 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCoffee (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo e Prosa Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpresentadora de televisión , presentadora de novas , escritora , xornalista , columnista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorCondé Nast (2010–)
Meredith Corporation (en) Traducir (2009–)
Vocento (2006–)
Unidad Editorial (en) Traducir (2003, 2012–2010)
Mediaset España (1997–)
Grupo Godó (1994–1996)
Betevé
Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals
Grupo PRISA Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela negra e literatura de non ficción Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2017404 Facebook: CarmeChaparroTV Twitter: CarmeChaparro Instagram: carmechaparro LinkedIn: carmechaparro BNE: XX5714372 Editar o valor em Wikidata

María del Carmen «Carme» Chaparro Martínez, nada en Salamanca o 5 de febreiro de 1973, é unha xornalista, presentadora e escritora española.[1][2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai catalán e nai estremeña e nada en Salamanca, a súa infancia e mocidade transcorren en Cataluña.[5]

Licenciada en Ciencias da Comunicación en Xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona en 1996, comeza a súa carreira profesional como directora e presentadora do programa 39 punts de vida de BTV[6] e despois como redactora dos programas de TV3, Ciutadans (Premio Ondas), Generació X e Les coses com són[6]. Tamén realizou reportaxes para o suplemento dominical de La Vanguardia, foi redactora dos informativos da Cadena SER en Tarragona e despois redactora xefa da revista Zona Alta e directora e condutora do magacín de fin de semana De nou a nou en Ràdio L'Hospitalet.

A partir de xaneiro de 1997 pasou á redacción de Informativos Telecinco en Cataluña. Un ano despois, en 1998, converteuse en presentadora e editora de Informativos Telecinco Cataluña, en horario matinal e de mediodía. Presentou programas especiais como os electorais e outros grandes acontecementos e foi moderadora dos debates de política nas eleccións autonómicas.[7]

Desde setembro de 2001 presentou Informativos Telecinco 14:30 e a partir de setembro de 2004 e até o 30 de decembro de 2016 foi presentadora e coeditora de Informativos Telecinco Fin de Semana.[8] Tamén foi condutora de programas especiais como os dedicados á morte de Xoán Paulo II, os atentados do 11-M e o de T4 de Barajas, o Gran Premio de Fórmula 1 de Montmeló, a voda entre Felipe de Borbón e Letizia Ortiz e especiais electorais.[9] Ao mesmo tempo, foi tertuliana de Punto Radio durante dous anos e tertuliana e colaboradora de Yo Dona entre 2003 e 2010.

Desde o 9 de xaneiro de 2017, tras doce anos en Informativos Telecinco Fin de Semana, pasa a presentar Noticias Catro 1 de luns a venres substituíndo a Marta Fernández.[10] Tras a cancelación dese informativo, conduce entre febreiro e novembro de 2019 o programa de actualidade Cuatro al día.[11] Posteriormente, entre 2020 e 2021, regresa a Telecinco para presentar o docu-reality Mujeres al poder[12], en outubro de 2021 é copresentadora Los teloneros en Catro, entre 2021 e 2022 é reporteira de En el punto de mira tamén en Cuatro e en 2022 é presentadora substituta de Todo es mentira na mesma cadea.[13]

En agosto e decembro de 2023 volve presentar Informativos Telecinco, neste caso a edición de prime time en substitución de Pedro Piqueras, tras regresar á redacción de Informativos Telecinco (intermitentemente) desde 2020.[14][15][16]

Ademais, é membro do Club das 25, columnista de Mujer Hoy desde 2008, de InStyle desde 2009, de GQ desde 2010 e de Yo Dona desde 2012 e responsable de cursos para portavoces empresariais desde 2005.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Está casada con Bernabé Domínguez desde 1999.[7] O 31 de agosto de 2011 Carme deu a luz á súa primeira filla, Laia e o 26 de setembro de 2013 deu a luz á súa segunda filla, Emma.[17][18]

Carme padece a enfermidade de Ménière, segundo ela mesma declarou.[19]

Traballos[editar | editar a fonte]

Presentadora[editar | editar a fonte]

Ano Programa Canle Notas
1998-2001 Informativos Telecinco Cataluña Telecinco Presentadora
2001-2004 Informativos Telecinco Mediodía
2004-2016 Informativos Telecinco Fin de Semana
2017-2019 Noticias Cuatro 1 Catro
2019 Cuatro al día
2021 Mujeres al poder Telecinco e Cuatro
Los teloneros Cuatro Copresentadora
Todo es mentira Presentadora substituta
2022 En el punto de mira Reporteira
2023 Informativos Telecinco Noche Telecinco Presentadora substituta

Convidada[editar | editar a fonte]

Ano Programa Canle
2018 De mayor quiero ser (escritora como Carme Chaparro) Mitele
2019 Adivia qué hago esta noche Cuatro
2021 Rocío, contar la verdad para seguir viva Telecinco

Obras literarias[editar | editar a fonte]

Novela negra[editar | editar a fonte]

  • No soy un monstruo (2017).[20] Planeta.
  • La química del odio (2018).[21] Planeta.
  • No decepciones a tu padre (2021).[22] Planeta.
  • Delito (2023).[23] Planeta.
  • Castigo (2024). Planeta.

Non ficción[editar | editar a fonte]

  • Calladita estás máis guapa (Planeta, 2019).[24]

Premios[editar | editar a fonte]

  • En 2017 obtivo o Premio Primavera de Novela por No soy un monstruo, o seu primeiro libro.[25]
  • En 2018 recibiu o Premio do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, en recoñecementos a «o seu firme compromiso coa liberdade, a igualdade e os dereitos das mulleres». Fixéronlle entrega do galardón Carmen Calvo, vicepresidenta do Goberno de España e o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.[26]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CHAPARRO MARTINEZ MARIA DEL CARMEN - Cargos en empresas". Consultado o 2024-01-26. 
  2. "Carme Chaparro" (en castelán). Consultado o 2024-01-26. 
  3. "Carme Chaparro, media vida de noticias" (en castelán). 2018-02-11. Consultado o 2024-01-26. 
  4. "RADIO.- Unha mestra do thriller engade o seu quinto título ás librerías". Pontevedra Viva. 2024-06-01. Consultado o 2024-06-03. 
  5. Segura, Cristian (2016-08-19). "Carme Chaparro: “Quan explicava que a TV3 el programa líder era ‘Caçadors de bolets’, no ho entenien”". El País (en catalán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-01-27. 
  6. 6,0 6,1 Rural, Álvaro Corazón (2013-10-01). "Carme Chaparro: «Hay Gobiernos que presionan más y otros menos, pero todos llaman a los informativos» - Jot Down Cultural Magazine" (en castelán). Consultado o 2024-01-27. 
  7. 7,0 7,1 "Carme Chaparro: "Claro que sigo a la competencia, y aprendo de ella"" (en castelán). 2012-06-14. Consultado o 2024-01-26. 
  8. "La emocionada despedida de Carme Chaparro en Informativos Telecinco" (en castelán). 2016-12-31. Consultado o 2024-01-27. 
  9. "Telecinco ficha a José Ribagorda para su Informativo de Fin de semana" (en castelán). 2006-02-16. Consultado o 2024-01-26. 
  10. "Baile oficial de caras en Informativos Mediaset: Marta Fernández desaparece" (en castelán). 2016-12-23. Consultado o 2024-01-26. 
  11. "El nuevo programa de Carme Chaparro ya tiene nombre: 'Cuatro al día'" (en castelán). 2019-01-17. Consultado o 2024-01-26. 
  12. Redacción (2019-10-18). "Carme Chaparro releva a Ana Rosa Quintana en la segunda temporada de 'Mujeres al poder'" (en castelán). Consultado o 2024-01-26. 
  13. Redacción (2021-09-01). "Carme Chaparro se pone 'En el punto de mira' para completar el nuevo cuarteto de reporteras de Cuatro" (en castelán). Consultado o 2024-01-26. 
  14. verTele, Redacción (2023-08-01). "Mes de regresos en Telecinco con Carme Chaparro en el informativo y Laura Madrueño en El Tiempo" (en castelán). Consultado o 2024-01-26. 
  15. verTele, Redacción (2023-05-22). "Carme Chaparro anuncia su vuelta a Informativos Telecinco, 6 años después, como relevo veraniego de Piqueras" (en castelán). Consultado o 2024-01-26. 
  16. verTele, Redacción (2023-12-27). "Informativos Telecinco vuelve a apostar por Carme Chaparro en Navidades, antes de la llegada de Carlos Franganillo" (en castelán). Consultado o 2024-01-26. 
  17. "Nacimiento de su hija Laia". Arquivado dende o orixinal o 4 de octubre de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2012. 
  18. elmundo.es. "Carme Chaparro da a luz a su segunda hija". Consultado o 2024-01-27. 
  19. Parcero, Jorge C. (2022-03-30). "La reflexión de Carme Chaparro sobre su enfermedad incurable" (en castelán). Consultado o 2024-01-27. 
  20. "Todo sobre 'No soy un monstruo', la primera novela de Carme Chaparro" (en castelán). 2017-03-22. Consultado o 2024-01-27. 
  21. "Carme Chaparro: La inspiración para escribir 'La química del odio' procede de la vida real" (en castelán). 2018-06-12. Consultado o 2024-01-27. 
  22. "Carme Chaparro, el rostro de la tele que vibra con la novela policíaca" (en castelán). 2021-09-27. Consultado o 2024-01-27. 
  23. "Carmen Chaparro: "Ni en mis mejores sueños espera el recibimiento de Delito" | Onda Cero Radio" (en castelán). 2023-05-14. Consultado o 2024-01-27. 
  24. ALBERICH, SILVIA (2019-11-02). "Carme Chaparro: "Es necesaria una educación sexual sana"" (en castelán). Consultado o 2024-01-27. 
  25. Martín, Alejandro (2017-02-24). "Carme Chaparro gana el Primavera de Novela con ‘No soy un monstruo’". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-01-27. 
  26. "Carme Chaparro, el rostro televisivo de la lucha contra la violencia doméstica" (en castelán). 2018-11-14. Consultado o 2024-01-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]