Estudou o bacharelato de artes en Lugo no IES Sanxillao, «Cinematografía y Artes Visuales» na Universidade de León e diplomouse no Centre d´Estudis Cinematogràfics de Catalunya, en «Realización e Guión Cinematográficos».[2] Tamén é Técnica Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos e viaxou formándose por Alemaña, os Estados Unidos e Portugal.
Ten traballos de deseño gráfico, ilustración, fotografía comercial ou audiovisuais e obras máis persoais nas que combina tamén estas ferramentas con soportes plásticos ou a reciclaxe.[1]
Ademais de formar parte de exposicións e experiencias artísticas e sociais colectivas, participou no II Congreso Pinto e Maragota pola Diversidade, en videofórums nos centros de Ensino Secundario de Pontevedra[3] e con múltiples palestras en centros educativos sobre cine e fotografía, feminismo, diversidade sexual, desde perspectivas históricas, técnicas, estéticas...[4]
En 2015 foi candidata ao Senado con En Marea. É “activista do cotián”, desde o ecoloxismo ata a defensa dos dereitos LGTBI[5], pasando por unha postura -arredor da prostitución e do traballo sexual- que non encadra nin no abolicionismo nin no regulacionismo e que resume en "Por un abolicionismo consciente e práctico contra todo tipo de proxenetismo. Traballo sexual dende unha perspectiva libertaria.".[6]