Saltar ao contido

Carmina Ordóñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmina Ordóñez
Nome orixinal(es) Carmen Ordóñez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María del Carmen Cayetana Ordóñez González Editar o valor en Wikidata
2 de maio de 1955
Sevilla, España España
Morte23 de xullo de 2004 (49 anos)
Madrid, España España
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaEl Rocío
Tánxer Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspañola
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Francés de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo, executiva de relações públicas (pt) Traducir, socialité, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFrancisco Rivera (1973-1979)
Julián Contreras (1984-1994)
Ernesto Neyra (1997-1999) Editar o valor en Wikidata
FillosFrancisco Rivera Ordóñez
Cayetano Rivera Ordóñez
Julián Contreras Ordóñez Editar o valor en Wikidata
PaisAntonio Ordóñez Editar o valor en Wikidata  e Carmen Dominguín Editar o valor en Wikidata
ParentesJosé González Lucas, tío materno
Luis Miguel Dominguín, tío materno
Domingo González Mateos, avó materno
Cayetano Ordóñez, avó paterno Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1412726 BNE: XX1779436 Editar o valor en Wikidata

Carmen Cayetana Ordóñez González, máis coñecida como Carmina Ordóñez, nada en Sevilla o 2 de maio de 1955 e finada en Madrid o 23 de xullo de 2004, foi unha muller protagonista da prensa do corazón.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Pertencente a unha familia de soados toureiros, Carmina naceu en Sevilla, filla do toureiro Antonio Ordóñez (1932-1998) e de Carmen González Lucas "Carmina Dominguín" (1928-1982). Era neta dos recoñecidos toureiros Cayetano Ordóñez "Niño de la Palma" e Domingo Dominguín e sobriña de Luis Miguel Dominguín. Tivo unha irmá máis nova, Ana Belén Ordóñez González (1956-2012).[1]

A súa infancia desenvolveuse nun ambiente marcadamente andaluz e taurino, xa que con frecuencia acompañaba ao seu pai (que a chamaba "Carmuca") tanto ás preparacións do toureiro como ás corridas. Foi nunha destas corridas onde coñeceu ao que foi o seu primeiro marido, o toureiro Francisco Rivera "Paquirri", con quen contraeu matrimonio o 16 de febreiro de 1973 na basílica de San Francisco o Grande de Madrid e co que tivo dous fillos: Francisco e Cayetano Rivera Ordóñez, ambos os dous toureiros de profesión. Por aquel entón, xa era habitual ver a Carmina nas revistas do corazón.

No ano 1979 separouse de Paquirri e o seu matrimonio foi declarado nulo. Anos máis tarde coñeceu ao cantautor Julián Contreras Rodríguez, con quen contraeu matrimonio en 1984.

Tras a morte do toureiro Francisco Rivera "Paquirri", Carmina encerellouse nunha batalla legal contra a segunda esposa do seu ex marido, Isabel Pantoja, coa que se enfrontou pola herdanza do matador. Ata a data da súa morte, Carmina Ordóñez sempre mantivo que a tonadilleira levou máis do que supostamente lle correspondía, aínda que hai que ter en conta que o seu matrimonio co toureiro foi declarado nulo e os seus fillos, por tanto, pasaron a ser fillos putativos. Entre os artigos que se disputaban coa tonadilleira estaba o traxe de luces co que Paquirri tomara a alternativa.

En 1990, Carmina decidiu trasladarse a vivir co seu segundo marido e o seu terceiro fillo a Marrakech (Marrocos), un lugar que lle marcou desde nena e do que sempre estivo namorada. Con todo, en 1994 separouse de Julián Contreras e decidiu volver instalarse en España.

En 1997, Carmina contraeu matrimonio co seu terceiro e último marido, o bailarín Ernesto Neyra Almodóvar, o 19 de xaneiro de 1962, do que se separaría dous anos despois. Dous anos antes de morrer, en 2002, Carmina afirmou sufrir malos tratos[2] por parte de Neyra, sempre negados por el.

Traballou no programa A tu lado, da cadea Telecinco.

Morreu en Madrid o 23 de xullo de 2004, tras un accidente na bañeira. Foi incinerada e as súas cinzas repartíronse entre El Rocío e Tánxer.[3]

  1. Hola, ed. (3 de agosto de 2012). "Falece Belén Ordóñez aos 56 anos". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 08 de abril de 2016. 
  2. Reimóndez, María. "A revolución televisada". Nós Diario. Consultado o 2021-03-24. 
  3. El Mundo, ed. (27 de xullo de 2004). "Atopan morta na bañeira da súa casa de Madrid a Carmen Ordóñez". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]