Carpo (lúa)
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Scott S. Sheppard e o seu equipo. |
Descuberta no | 2003 |
Características orbitais | |
Raio orbital medio | 17,145 millóns de quilómetros |
Excentricidade | 0,4316[1] |
Inclinación | 56° (respecto da eclíptica) |
Periódo orbital | 458,625 días |
Satélite de | Xúpiter |
Características físicas | |
Raio medio | ~1,5 km |
Carpo (ou en grego Καρπώ), tamén coñecida coma Xúpiter XLVI, e unha lúa de Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2003, e foi provisionalmente designada coma S/2003 J 20[2][3] ata que recibiu o seu nome actual no ano 2005.[4]
Carpo ten uns 3 quilómetros de diámetro, e órbita Xúpiter a unha distancia media de 17,145 Gm en 458,625 días, cunha inclinación orbital de 56° respecto da eclíptica (55° respecto do ecuador de Xúpiter), e cunha excentricidade orbital de 0,4316. Tódalas lúas máis afastadas de Xúpiter ca Carpo son de movemento retrogrado.
Recibiu o seu nome oficial en marzo do 2005, Carpo era unha das Horas, e coma tal filla de Zeus (Xúpiter).
Coma no caso de Temisto, estas lúas semellan ser un único membro dunha clase de lúa particular, o cal as fai moi interesantes. A inclinación orbital de satélites coma este está condicionada polo efecto Kozai, descuberto este efecto por Yoshihide Kozai no ano 1962. Este efecto induce a un periódico cambio entre a inclinación e a excentricidade orbital da lúa; se a inclinación é suficientemente alta, a excentricidade pódese volver tan alta que a periapse da lúa pode chegar a estar preto da veciñanza das lúas de Galileo (Ío, Europa, Ganímedes e Calisto). Carpo podería eventualmente colidir cunha desas lúas, ou achegarse dabondo coma para ser expulsada do sistema de Xúpiter, o período da precesión da periapse (Pw) é de 6,8 millóns de anos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Jacobson, R.A. (2006) JUP262 (28-06-2007). JPL/NASA, ed. "Planetary Satellite Mean Orbital Parameters". Consultado o 19-01-2008.
- ↑ IAUC 8125: S/2003 J 19 and S/2003 J 20 Arquivado 01 de maio de 2006 en Wayback Machine., abril de 2003 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2003-G67: S/2003 J 20, abril de 2003 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 8502: Satellites of Jupiter, 30 de marzo de 2005 (bautizando a lúa)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jupiter's Known Satellites (por Scott S. Sheppard) (en inglés)