Hermipe (lúa)
Hermipe (en grego Ερμίππη) ou tamén coñecida coma Xúpiter XXX, é un satélite irregular retrógrado de Xúpiter. Foi descuberto por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii dirixidos por Scott S. Sheppard o 9 de decembro de 2001 [1], recibindo a designación provisional de S/2001 J 3.[2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Hermipe ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 21,182 millóns de kms, tarda 629,809 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 151° con respecto á eclíptica (149° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,2290.
Recibiu oficialmente o seu nome actual en agosto do ano 2003, na mitoloxía grega, Hermipe era unha das amantes de Zeus (Xúpiter).[4]
Hermipe pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 millóns de kms, con inclinacións duns 150°
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hermippe en Solar System Exploration da NASA". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2013. Consultado o 24 de xuño de 2013.
- ↑ IAUC 7900: Satellites of Jupiter 16 de maio do 2002 (descubrimento)
- ↑ MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter 15 de maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
- ↑ IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine. agosto do 2003 (bautizando a lúa)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jupiter's Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)
- New Jupiter Satellite Movie Images (imaxe) (en inglés)