Saltar ao contido

S/2003 J 23

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

S/2003 J 23 é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2004 grazas a imaxes que foran obtidas no ano 2003.[1][2]

S/2003 J 23 ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,740 millóns de kms, tarda 700,538 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 149° con respecto á eclíptica e posúe unha excentricidade orbital de 0,3931. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.

  1. IAUC 8281: S/2003 J 23 4 de febreiro do 2004 (descubrimento)
  2. MPEC 2004-B81: S/2003 J 23 31 de xaneiro do 2004 (descubrimento e efemérides)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]