Cartas eruditas y curiosas
Cartas eruditas y curiosas | |
---|---|
Autor/a | Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro |
Lingua | lingua castelá |
[ editar datos en Wikidata ] |

Cartas eruditas y curiosas en que, por la mayor parte se continúa el designio del Teatro Crítico Universal, impugnando, o reduciendo a dudosas, varias opiniones comunes é unha obra de Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, publicada en cinco volumes entre 1742 e 1760.
É unha obra de carácter continuísta respecto á súa obra anterior, Teatro crítico universal (1726-1739), e inclúe 163 cartas analizando diversas materias. Está escrita desde un punto de vista racionalista, propio da Ilustración, de carácter desmitificador e favorable ao método experimental e a reforma da educación. Ten un estilo sinxelo, alleo á ornamentación e a artificiosidade do barroco, e inclúe numerosos galicismos.
Temática
[editar | editar a fonte]A obra supón un esforzo enciclopédico de divulgación dos avances do seu tempo, dentro dunha completa ortodoxia co dogma católico[1]. Fálase de campos diversos como a filoloxía, física, matemática, historia natural, medicina, astronomía, xeografía, economía, dereito político ou literatura, amais de crenzas populares, milagres, supersticións e biografías de personaxes coetáneos
No primeiro volume (1742; 45 cartas) os temas son moi variados: física, medicina, música, supersticións, milagres, virtudes do chocolate e o tabaco... A carta oitava dá conta dun suceso acontecido en Pontevedra. O segundo volume (1745; 28 cartas) consta de reformas xurídicas e teoloxía moral. O terceiro volume (1750; 32 cartas) analiza temas diversos como o exterminio de ladróns, a teoría de Copérnico, os adagios, os xogo de azar nos naipes e os exorcismos. No cuarto volume (1753; 26 cartas) estuda teoría de Isaac Newton, a causa de Ana Bolena e a Masonería, entre outros asuntos. O quinto volume (1760; 30 cartas) toca temas como a devoción mariana, os sermóns, a medicina chinesa, os terremotos, as relixións precolombianas e a necesidade de aprender linguas modernas, en particular o francés, en prexuízo das denominadas linguas clásicas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Souto Alabarce, A.: Introdución ás Obras escogidas de Feijoo, México: Editorial Porrúa, 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cartas eruditas, selección, introdución, prólogo e notas por Agustín Millares Carlo, Madrid: Espasa Calpe (Clásicos Castellanos, 85), 1958.