Casa da Moeda de Cantón
Casa da Moeda de Cantón –廣東造幣廠– | |
---|---|
Tipo | Compañía pública. |
Fundación | 1889 |
Disolución | 1949 |
Matriz | Goberno provincial de Cantón. |
Localización | Cantón, Cantón, China. China |
Industria | Cuñaxe. |
Produtos | Moedas. |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Casa da Moeda de Cantón (chinés: 廣東造幣廠) foi unha ceca situada na cidade chinesa de Cantón, que producía moeda a discreción do Goberno provincial de Cantón.
A ceca, inaugurada en 1889, foi a primeira fábrica de moeda da China que utilizou técnicas modernas de cuñaxe e, no seu momento, a maior do mundo, cunha produción de 2,7 millóns de moedas ao día.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1887, cando a China comezaba a modernizar os seus métodos de cuñaxe, a ceca británica Heaton and Sons —máis tarde coñecida como a Casa da Moeda de Birmingham— gañou un contrato para construír e equipar unha nova casa de moeda na provincia de Cantón.[1][3][4][5]
Deseñada en Inglaterra, a nova Casa da Moeda de Cantón, construída ao estilo chinés e cun custo dun millón de dólares, foi inaugurada polo vicerrei Zhang Zhidong o 25 de maio de 1889. No verán de 1890 saíron das prensas da nova ceca as primeiras moedas, os modernos dólares de prata do dragón, seguidas por outras moedas divisionarias de prata. As primeiras cuñaxes en cobre non se produciron ata 1900.[6] Cunhas dimensións de 200 metros por 130 metros, a ceca cantonesa era a maior do mundo, con 90 prensas de cuñaxe á vez, fronte ás seis da Casa da Moeda de Filadelfia, nos Estados Unidos.[2]
No ano da súa apertura, a ceca produciu as primeiras moedas chinesas de prata co clásico deseño do dragón, baseadas noutras moedas similares xaponeses e coreanas.[2]
A Casa da Moeda de Cantón mantívose operativa ata o seu pechamento en 1931 e, posteriormente, o Kuomintang reabriuna brevemente en 1949 antes da súa retirada a Taiwán.Cuhaj.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Edward Wyon". Jerseycoins.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Starck, J. (2014). "China's Kwangtung Mint was once world's largest". Coin World. 19 de outubro.
- ↑ Barrie M., Ratcliffe (1986). Páxina 193.
- ↑ "The Birmingham Mint". www.24carat.co.uk
- ↑ Tout-Smith, D. (2004). "Heaton & Sons Mint, Birmingham, England". Museums Victoria Collection.
- ↑ Kann, E. (1926). Páxina 417.
- ↑ Cuhaj, G. S. (2010).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa da Moeda de Cantón |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrie M., Ratcliffe (1986). Great Britain and Her World, 1750-1914. Manchester University Press. ISBN 978-0719005817
- Cuhaj, G. S. (2010). Standard Catalog of World Coins 1901-2000. Krause Publications. ISBN 9781440215148
- Kann, E. (1926). The Currencies of China. Shanghai, Kelly & Walsh.