Saltar ao contido

Castielfabib

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCastielfabib
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°07′49″N 1°18′15″O / 40.1304, -1.3041
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade Valencianael Rincón Editar o valor en Wikidata
CapitalCastielfabib Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación297 (2023) Editar o valor en Wikidata (2,79 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie106,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude927 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónGuillerme I de Tolosa e Virxe da Graza Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataEduardo Aguilar Villalba (2011–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46141 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46092 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46092 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcastielfabib.es Editar o valor en Wikidata

Castielfabib é un concello valenciano situado no interior da provincia de Valencia, na comarca do Rincón de Ademuz, un exclave rodeado completamente por terras de Aragón e de Castela-A Mancha.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Emprazada en chanzos nas pronunciadas vertentes das montañas. Por esa causa, esta vila ten como característica particular longas e estreitas rúas en pendente, que comunican entre elas por canellóns, e rúas máis estreitas, moitas sendo escaleiradas, mentres as casas parecen superpoñerse as unhas ás outras. O pobo goza dunha magnífica vista de Veiga do Ebrón, como xa describiu o botánico Antonio José de Cavanilles á finais do século XVIII, ao seu paso por esta vila.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Dende a década de 1940 do século XX a emigración despoxou de habitantes a Castielfabib. Os veciños marchában cara grandes centros industriais como Barcelona ou Valencia. Tamén foi significativa a emigración temporal cara ás vendimas de Francia.

Evolución demográfica de Castielfabib[1]
1842 1857 1877 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2005 2006 2007
1.336 1.738 2.167 2.148 2.427 2.641 2.393 2.200 2.194 1.905 1.444 1.126 798 645 511 276 256 244

Actualmente a tendencia negativa invértese pola chegada de emigrantes provenientes principalmente do Magreb ou de Romanía.

O castelo musulmán de Qastil-al'Habib foi conquistado polos cristiáns en 1210, polo rei Pedro II de Aragón, sendo recuperado polo islam, até que foi definitivamente reconquistado polo rei Xaime I de Aragón en 1259, que o incluíu entre as terras do Reino de Valencia.

Patrimonio histórico-artístico

[editar | editar a fonte]
Igrexa-fortaleza Santa María dos Ánxeles.Século XIII. Castielabib.

Arquitectura relixiosa

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa-fortaleza Santa María dos Ánxeles, do século XIII.
  • Ermida de Santa María de Gracia, do século XIV.
  • Convento de San Guillermo, do século XVI.
  • Ermida de San Marcos, na aldea de Los Santos, do século XVII.
  • Ermida de San Diego, na aldea de Cuesta del Rato, do século XVIII.
  • Ermida de San Sebastián, na aldea de Mas de Jacinto, do século XVII.
  • Ermida de San Joaquín e Santa Bárbara, na aldea de Arroyo Cerezo, do século XVIII.

Arquitectura civil

[editar | editar a fonte]
  • Castelo de Casielfabib,de orige romano, con grande importancia histórica.
  • Casa da Vila, do século XV.
  • Prisión municipal, antiga prisión municipal.
  • Muíño da Vila, do século XIII.
  • Casa Abadía, antiga casa do cura, do século XVII.
  • Hospital de pobres, antigo hospital de pobres, desaparecido, orixinal do século XV.
  1. Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gargallo Gil, J.E.: Habla y cultura popular en el Rincón de Ademuz. Madrid, 2004.
  • Rodrigo Alfonso, Carles: El Rincón de Ademuz, análisis comarcal. Valencia, 1998.
  • ABABOL. Revista do Instituto Cultural e de Estudos do Rincón de Ademuz (ICERA), dirixida por Ángel Antón Andrés e publicada trimestralmente en Ademús dende 1995.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]