Alcàsser
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Horta Sud | ||||
Capital | Alcàsser | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.575 (2023) (1.173,7 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9,01 km² | ||||
Altitude | 15 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Eva Isabel Zamora Chanzà (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46290 | ||||
Código INE | 46015 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46015 | ||||
Sitio web | alcasser.es… | ||||
Alcàsser é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Horta Sud. O topónimo vén do vocábulo árabe al-qasr, "a fortaleza", que evolucionou en galego como "alcázar".
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado ao sur da cidade de Valencia, e á dereita do antigo Camiño Real de Madrid. A superficie do termo é chaira. Crúzano os barrancos de Picasent e do Realón. O clima é tépedo; predominan os ventos de poñente e levante. As terras de cultivo, arxilosas e profundas, están moi repartidas en parcelas. Régase con augas da Quenlla Real do Xúcar, da fonte de Ninyerola, e mediante pozos.
Alcácer limita cos concellos de Torrent, Catarroja, Albal, Beniparrell, Silla e Picassent, todos da provincia de Valencia.
Historia
[editar | editar a fonte]Habitada por musulmáns, o rei Xaime I cedeuna a Artal de Foces que tentou, en 1248, poboala de cristiáns. En 1250 o seu señor feudal era Pere Roiç de Corella e en 1299 a familia Riusech. O 22 de outubro de 1364, Pedro o Cerimonioso doou a Pere Boïl a xurisdición criminal; a Vidal de Villanova e a súa muller Sibila a torre e fortaleza de Alcácer, e seis días despois vendeullas a Giner Rabassa por 60.000 soldos, incluíndo o terzo décimo e censos sobre as casas e os homes co mero e mixto imperio. En 1400 vendeuse a baronía en pública poxa sendo adquirida por Jaume Roméu, quen conseguiu que o señorío se integrase na particular contribución de Valencia, beneficiándose dalgunhas das franquías desta. En 1417 foi comprada por Bernat Guillem Català e en 1443, é cando, Joan Català, obtivo a suprema xurisdición. En 1446 vendeu a baronía ao seu primo Galcerà de Castella, barón de Picassent. Segundo a carta de poboación do 13 de decembro de 1417, os vasalos habían de contribuír con elevadas cargas: un cuarto dalgunhas colleitas, terzo décimo e outros dereitos feudais. Nas Cortes Valencianas de 1604, o señor de Alcácer, Cristòfol Çanoguera, pediu a confirmación da suprema xurisdición. Dende 1328 houbo de existir unha igrexa, aínda que o actual edificio acabouse de construír en 1805.
Demografía
[editar | editar a fonte]Alcàsser conta cunha poboación de 8.925 habitantes en 2008.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
3.200 | 3.411 | 3.530 | 4.055 | 4.368 | 4.473 | 4.679 | 5.449 | 6.555 | 7.191 | 7.229 | 8.351 | 8.505 | 8.716 | 8.925 |
Colexios e institutos
[editar | editar a fonte]Alcácer, ten tres colexios de educación primaria, un deles privado; un instituto público de Educación Secundaria e unha escola de Adultos.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]Destacan os doces: "prato de gloria" ("plat de glòria"), "coca de cabaza" ("coca de carabassa"), "coca de arroupe", "coca fina", "coca bébeda" ("coca borratxa") e "palotes doces" ("pilotes dolçes").
Economía
[editar | editar a fonte]A primeira metade do século XIX producía froitas, trigo, millo, bastante seda (grazas a que importaba a folla de moreira dos pobos da Ribeira), e aceite de oliva que exportaba á capital. Actualmente cultívase principalmente laranxeiras, pasando cada vez máis a ser un pobo industrial.
Alcàsser contén 2 polígonos industriais, o de "O Plá" e o de "L'Alter", diversos bancos e tendas.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Sant Martí Bisbe (1610, ampliada en 1805); con interesantes frescos de Martiño de Tours e San Luís Beltrán, atribuídos a Vicente López, pintor de cámara das cortes de Carlos IV e Fernando VII; así como a capela do Cristo da Fe (1819). Aínda que a construción data do séculoXVIII sufriu importantes cambios: unha remodelación, unha substitución, unha restauración e diversos engadidos necesarios. Destaca tamén dentro das construcións relixiosas O convento de María Auxiliadora. Ademais é posible visitar o Museo da Horta Sud, o cal conserva ou salvagarda as tradicións da comarca así como os seus costumes dende 1996, momento en que foi inaugurado.
- Palacio da Baronía. O antigo palacio, levantado sobre unha fortaleza de orixe musulmá, foi transformado en Casa do Concello.
-
Praza da Casa do Concello.
-
Palacio da Baronía, transformado en Casa do Concello.
-
Igrexa de Sant Martí Bisbe.
-
Igrexa de Sant Martí Bisbe.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcàsser |