Tavernes Blanques
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Horta Nord | ||||
Capital | Tavernes Blanques (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.456 (2023) (13.508,57 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 0,7 km² | ||||
Altitude | 12 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Virxe dos Desamparados e Roque de Montpellier | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Mari Carmen Marco Aguilar (en) (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46016 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46237 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46237 | ||||
Sitio web | tavernesblanques.es |
Tavernes Blanques é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, situado a carón da cidade de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 9.353 habitantes (2008).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Aínda que oficialmente dista tres quilómetros do centro de Valencia, os centros urbanos de ambas as dúas poboacións apenas está separados na actualidade. O único aspecto significativo do relevo está constituído polo Barranco do Carraixet, cuxo canle discorre polo límite norte do termo municipal, formando un recuncho na parte noroeste. O resto do termo resulta sensiblemente chan.
O termo municipal de Tavernes Blanques limita coas localidades de Alboraia, Almàssera, Bonrepòs i Mirambell e Valencia, todas elas da provincia de Valencia.
Historia
[editar | editar a fonte]Das explicacións que tratan de xustificar o nome de Tavernes Blanques, en primeiro lugar hai unha referencia á posibilidade da existencia dunhas tabernas nas que se consentía a venda non só de viño senón tamén de augardentes ou "beguda blanca" o cal puido dar lugar á súa denominación. Doutra banda barállase a posibilidade de que ditas tabernas estivesen cubertas con cal e a cor das mesmas condicionase a súa denominación. Tamén se comenta a posibilidade de que o nome se debese á existencia na poboación de "blanquers" ou curtidores de pel, o cal tamén podería dar lugar á denominación do lugar. Por último estímase outra idea fundamentada na suposición de que o chan no que se asentaban as primeiras construcións locais fose dunha cor albo, este feito xunto coa existencia das tabernas tamén podería determinar a orixe do nome da poboación.
A partir do século XV, Tavernes Blanques constituíu un señorío, concedido en 1445 a Bernardo Peris. Afonso de Aragón, posteriormente, cedeuno no seu testamento ao Mosteiro de San Xerónimo de Cotalba, en Gandia, que exerceu o señorío do lugar durante máis de tres séculos ata que, en 1835 o Estado incautase as propiedades, exclaustra aos monxes e, tras a desamortización, os señoríos son abolidos en 1837.
O escudo oficial de Tavernes Blanques, aprobado polo Ministerio da Gobernación en 1951, fai referencia aos Peris (tres peras en campo de goles) aos pais Xerónimos Cotalbos (unha cornucopia rebosante) e ás armas dos Fabra (lúas minguantes e estrelas) ademais dos campos coas catro barras da coroa de Aragón. A denominación oficial Tavernes Blanques foi establecida da anterior Tabernes Blanques por un decreto do Consello de data 25 de xaneiro de 1982, publicado no Diario Oficial da Generalitat Valenciana de 1 de febreiro de 1982 e no Boletín Oficial do Estado de 20 de abril de 1982.
Demografía
[editar | editar a fonte]Tavernes Blanques conta cunha poboación de 9.353 habitantes (2008)
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
607 | 784 | 960 | 1.663 | 2.115 | 2.182 | 3.270 | 4.264 | 7.191 | 8.012 | 8.453 | 9.270 |
Economía
[editar | editar a fonte]A pesar das orixinarias tabernas, a actividade económica de Tavernes centrouse na industria cárnica. A diferenza das vilas lindeiras, caracterizadas por unha actividade económica ligada ás explotacións agrícolas e con amplos termos municipais. Tavernes Blanques dedicouse explotación de gando porcino e vacún, co establecemento de cebadeiros (coñecidos popularmente como "porcateres", de porc, porco) matadoiros e carnizarías.
A existencia do fielato (coñecido vulgarmente como filato ou "garita dels consumers", que obrigaba a pagar dereitos de consumo no límite urbano da cidade de Valencia) facía que o comercio da carne fóra do seu límite resultase máis económico. Así, grazas á proximidade entre ambas as poboacións, xustifícanse as actividades de engorde de gando porcino e vacún, o seu sacrificio e a venda de carne. Algúns establecementos, como o matadoiro de José Marqués Cuñat, persistiron até ser sede de marcas moi coñecidas no sector, como Óscar Mayer e logo Primayor. A carnizaría de Ramón Guanter ocupou o edificio que logo se destinou a sede administrativa e segundo supermercado do grupo Mercadona. Non en balde a familia Roig foi propietaria dalgúns cebadeiros en Tavernes.
A actividade doutra familia, os Montañana, deu lugar ao establecemento de dúas industrias de refrescos cuxas marcas comerciais, El Siglo e EKO, chegaron a ser moi populares, aínda que non tanto como La Casera que tamén dispuxo dun centro de produción e distribución en Tavernes: Carbónica Valenciana, S.A.
A actividade industrial cesou case por completo no municipio, coa única excepción de Lladró. A presión demográfica da veciña Valencia e o auxe do mercado inmobiliario converteron a Tavernes Blanques nun espazo case exclusivamente residencial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tavernes Blanques |