Castro da Torre
Castro da Torre | |
---|---|
Concello | Folgoso do Courel |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Idade de Ferro |
Estado actual | Conservado |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Sobredo[1][2], torre do Castro[1][3] ou castro da Torre,[4] é un castro lucense que está no lugar de Sobredo, en Folgoso do Courel. Atópase ao norte de Sobredo, camiño da Ferrería Vella.
É un Ben de Interese Cultural (BIC) catalogado.[5]
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O castro está localizado na ladeira do monte da Golada orientado cara ao sueste, mirando cara ao val do río Lor. É un castro fortificado con 16 vivendas no seu interior, en socalcos. O castro está dentro dun foxo defensivo de 120 metros de longo, de 5 a 20 metros de ancho e cunha profundidade de ata 17 metros.[1][2]
Na súa cabeceira, en dirección ao noroeste, atópanse os restos dunha torre. Esta torre dálle nome ao castro.[1][2]
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]O castro é da idade de ferro e consérvase en bo estado de conservación. As zonas máis alteradas son por esvaementos na pendente do monte onde se empraza.[1][2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Xunta de Galicia (eds.). "PXOM do Concello de Folgoso do Courel (En avaliación desde 03/01/2013)".
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Concello de Folgoso do Courel, eds. (11/2/2015). "PXOM do Concello de Folgoso do Courel". Arquivado dende o orixinal o 13/08/2019. Consultado o 13/8/2019.
- ↑ galiciamaxica.eu (eds.). "Castro da Torre o Torre do Castro". Consultado o 13/8/2019.
- ↑ Turismo de Galicia - Xunta de Galicia (eds.). "Castro da Torre". Consultado o 13/8/2019.
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (01/09/2007). "La Xunta elevará la protección de veinte castros". Consultado o 13/8/2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |