Saltar ao contido

Castro de Codesido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°19′25″N 7°45′48″O / 43.323568, -7.763211

Castro de Codesido
ParroquiaCodesido
ConcelloVilalba
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27065024
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de Ferro
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Codesido é un castro situado no lugar de Ferreira, na parroquia de Codesido,[1] no concello lucense de Vilalba. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Dentro da croa atópanse a igrexa e mailo cemiterio parroquiais.[2] O castro ten planta circular moi alterada, mais conserva parte do muro. Atópase a unha altitude de 477 metros sobre o nivel do mar e mide 110 metros no eixo norte-sur e 127 no eixo leste-oeste. O castro posúe un manancial no interior da croa.[3]

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Existe unha historia de mouros no castro e que había un túnel polo que baixaban os mouros beber ao rego da Pipa, que se atopa a 700 metros do castro.

  1. siotuga.xunta.gal (ed.). "LUGPA007" (PDF). Consultado o 30 de agosto de 2024. 
  2. Sitio web Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. do concello de Vilalba. Arqueoloxía.
  3. "San Martiño de Codesido". vilalba.gal. Consultado o 1 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ARQUIVO CHAIRA: Información de Heliodoro RODRÍGUEZ, Cartín, Tardade, Vilalba (xuño de 1995) e de María Antonia GARCÍA PURRIÑOS, Torre, Codesido, Vilalba (xuño de 1995).
  • Cuba Rodríguez, X. R., Reigosa Carreiras, A., Xeografía mítica da provincia de lugo (I): Cen lugares con lenda, en Croa, nº8, 1998, pp. 42-63.
  • RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]