Saltar ao contido

Castro de Crecente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro de Crecente
ParroquiaLoira
ConcelloValdoviño
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Coordenadas43°35′46″N 8°05′36″O / 43.59604, -8.0933{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Id. catálogoGA15087013
Cronoloxía
Datas de ocupaciónDescoñecida
Períodos de escavaciónDescoñecida
Estado actualNon escavado
Extensión estimada1,1 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castro de Crecente é un castro galaico fortificado situado nunha chaira da parroquia de Loira, no concello de Valdoviño.

O recinto principal ten forma ovalada, con 110 m en dirección noroeste-sueste, e 95 m nordeste-suroeste.

Hai un antecastro ao sueste cun ancho de 40 m. Cara ao leste o muro ten ademais un murete vertical dun metro de altura. O castro e antecastro teñen varios accesos, algún dos cales corta as defensas. Ao norte unha estrada, e de norte a sur un camiño para explotación forestal. A entrada orixinal ao suroeste estaría protexida por un torreón enfrontado ao punto de unión dos outros muros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]