Castro de Fisteus
Aparencia
Castro de Fisteus | |
---|---|
Parroquia | Fisteus |
Concello | Curtis |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15032092 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | ? |
Estado actual | Destruído |
Extensión estimada | 0,8 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Fisteus é un poboado castrexo situado no lugar do Castro, no concello de Curtis.[1]
Está situado nunha pequena elevación natural no medio da chaira, entre prados e preto do río Mendo. Ten forma case circular de 80 m de SL-NO e 60 m no eixo NL-SO cuns muros dus 5 metros de altura. O antecastro duns 30 metros estaba ao SL. Nos finais dos anos 1950 o castro estaba ben delimitado facendo de linde entre leiras cun valado no eixo NL-SO. Nos inicos dos anos 2000 aínda eran visibles as estruturas. Dende entón a metade NO e o antecastro foron destruídos para facer prados. Consérvase parte da metade SL.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |