Castro de Ladra
Aparencia
Castro de Ladra | |
---|---|
Parroquia | Ladra |
Concello | Vilalba |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27065013 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | 9550 m2 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Ladra é un castro situado na parroquia de Ladra, no concello lucense de Vilalba.
Accédese a el logo de chegar á igrexa de Ladra. Alí xírase á esquerda ata chegar ao lugar de Aguiar, e alí de novo á esquerda.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten forma ovalada e conta cun único muro defensivo. Ten unha extensión de 9550 m2.[1]
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Atopáronse restos na croa que proban a súa posterior romanización.[1]
Lendas
[editar | editar a fonte]Existe unha lenda segundo a cal un home atopou unha tesoira de ouro no castro. Pola noite uns descoñecidos petáronlle na porta para pedirlla, e el deúllela por debaixo da porta. Segundo outra lenda o castro comunica baixo terra co castro de Boizán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Sitio web Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. do concello de Vilalba. Arqueoloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ARQUIVO CHAIRA: Información de Heliodoro RODRÍGUEZ, Cartín, Tardade, Vilalba (xuño de 1995) e de María Antonia GARCÍA PURRIÑOS, Torre, Codesido, Vilalba (xuño de 1995).
- Cuba Rodríguez, X. R., Reigosa Carreiras, A., Xeografía mítica da provincia de lugo (I): Cen lugares con lenda, en Croa, nº8, 1998, pp. 42-63.