Saltar ao contido

Castro de Lodeiro (Vilalba)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro de Lodeiro (Vilalba)
ParroquiaA Torre
ConcelloVilalba
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27065031
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de Ferro
Estado actualUso agrícola
Extensión estimada6150 m2 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Lodeiro ou castro da Torre, é un castro situado no lugar de Penadrade, na parroquia da Torre,[1] no concello lucense de Vilalba. Tamén se coñece co nome de San Nicolás por mor dunha ermida construída preto de alí. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Atópase a unha altitude de 495 metros sobre o nivel do mar, a carón da igrexa parroquial e sobre un outeiro. A planta é circular e conta cun só muro defensivo de 8 metros de ancho e entre 2 e 3 metros de altura.[2]

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

  1. siotuga.xunta.gal (ed.). "LUGPA007" (PDF). Consultado o 30 de agosto de 2024. 
  2. Sitio web Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. do concello de Vilalba. Arqueoloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]