Castro de Lourido (Viveiro)
Aparencia
Castro de Lourido (Viveiro) | |
---|---|
Parroquia | Chavín |
Concello | Viveiro |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA27066013 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | 1,2 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Lourido é un castro situado na parroquia de Chavín, no concello lugués de Viveiro.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado do cal se conserva só un reducido sector de muralla polo lado sueste. A muralla ten unha altura considerable e completa a estrutura defensiva un foxo paralelo á muralla. O sector noroeste do recinto deféndese de forma natural pola pendente sobre o río Landro.
O lugar atópase moi alterado a causa da súa utilización como canteira.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.