Castro de Lubre
Aparencia
Castro de Lubre | |
---|---|
Parroquia | Ares |
Concello | Ares |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15004005 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | destruído |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
Castro de Lubre é un poboado da idade de ferro de chaira fortificado en Ares.[1]
É un castro de chaira situado no límite dunha baixada aproveitando o desnivel do terreo. Está moi alterado por labores agrarias. Tería unha forma circular duns 100 metros de diámetro cunha soa liña defensiva. Só se conservan algúns terrapléns como lindes de leiras. Na zona consérvanse os topónimos de Vila dos Mouros e Agro do Castro, preto da igrexa parroquial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "PXOM de Ares 2017" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |