Castro de Monte Castrelo
Aparencia
Castro de Monte Castrelo | |
---|---|
Parroquia | San Vitoiro da Mezquita, San Mamede de Urrós, Proente |
Concellos | Allariz, A Merca |
Provincia | Ourense |
Comunidade autónoma | Galicia |
Cronoloxía | |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Monte Castrelo, tamén chamado Cima de Vila, é un castro situado entre a parroquia de San Vitoiro da Mezquita e San Mamede de Urrós, no concello ourensán de Allariz, e a de Proente, no concello tamén ourensán da Merca.
Morfoloxía[editar | editar a fonte]
Consta dun recinto fortificado situado sobre un outeiro a 655 metros sobre o nivel do mar. Na aba que mira ó concello da Merca obsérvanse tres liñas de murallas con cadanseus socalcos, pero non así na vertente que se asoma ó concello de Allariz.
Arqueoloxía[editar | editar a fonte]
Durante prospeccións arqueolóxicas atopáronse restos de cerámica con desengraxantes de seixo pertencentes a bordos e corpos. Apareceron tamén anacos de cerámica medieval, que foron depositados no Museo Arqueolóxico de Ourense.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Catálogo de elementos arqueolóxicos. PXOM de Allariz. Abril do 2003.