Castro de Nós
Castro de Nós | |
---|---|
Parroquia | San Pedro de Nós |
Concello | Oleiros |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15058013 |
Cronoloxía | |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro de Nós, tamén chamado Alto das Gobernas, ou Monte do Castro, ou Castro de Sarro, ou Castro Iñás, é un castro situado na parroquia de San Pedro de Nós, no concello coruñés de Oleiros.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado de planta elíptica. Ten unhas dimensións de 160 metros no eixo este-oeste e 80 metros no eixo norte-sur.
As defensas están formadas por un talude na parte norte, cun terraplén exterior cunha altura de case 4 metros, case vertical na súa cara exterior pero de pendente lene na cara interior. Na zona oeste preséntanse un foxo e un parapeto que salvan un desnivel de ata 8 metros. O lado meridional está defendido pola caída natural do terreo, pechándose tan só cun terraplén.
Na parte noroeste está o acceso. Aprécianse algunhas estruturas que poderían ser un sistema defensivo para protexer a entrada ó interior do asentamento.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.