Saltar ao contido

Castro de Nete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°14′59″N 7°39′49″O / 43.249727, -7.663742

Castro de Nete
ParroquiaNete
ConcelloVilalba
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27065001
Cronoloxía
Extensión estimada2050 m2 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Nete é un castro situado na parroquia de Nete, no concello lucense de Vilalba.

Accédese ao castro logo de chegar á igrexa parroquial, logo cóllese á esquerda ata o lugar do Curro, e alí de novo á esquerda ata o lugar dos Castros.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Atópase nun outeiro e ten planta circular e un tamaño de 2.050 metros cadrados. Orixinalmente tiña tres murallas, mais só se conserva unha, a norte.

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

  1. Sitio web Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. do concello de Vilalba. Arqueoloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]