Castro de Pastoriza
Castro de Pastoriza | |
---|---|
Parroquia | Pastoriza |
Concello | Arteixo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galiza |
Id. catálogo | GA15005006 |
Cronoloxía | |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | abandono |
Véxase tamén | |
Castros de Galiza |
O Castro de Pastoriza é un poboado castrexo situado na parroquia de Pastoriza (Arteixo). Ten planta circular duns 160 metros de diámetro e está fortificado.
Descrición
[editar | editar a fonte]Situado no alto de Pastoriza domina toda a contorna: Agra de Rañobre, Suevos, Nostián e os vales entre Arteixo. O castro ten planta circular cunha muralla de pedra en toda a contorna. No lado norte ten dobre muralla de pedra e foxo. A ladeira sur é escarpada de rochas e penedos. No lado norte a dobre muralla de pedra e foxo remata nunha ladeira de terra escarpada. O acceso ao castro está polo leste. No castro non se ven estruturas pola cuberta de toxos e xestas.
O castro está entre unha liña eléctrica de alta tensión e un gasoduto. Os penedos próximos ao castro foron aproveitados para a extracción de pedra e o cumio empregouse como lugar de peregrinación cristiá.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |