Castro de Pena Lopesa
Castro de Pena Lopesa | |
---|---|
Parroquia | O Val |
Concello | Narón |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15054015 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Século -I a Século I |
Períodos de escavación | non escavado |
Estado actual | abandono/destrución |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro de Pena Lopesa é un castro costeiro fortificado. Está situado na parroquia do Val (Narón). É un castro situado sobre un pequeno istmo na praia do mesmo nome no límite entre os concellos de Narón e Valdoviño.
Escavacións arqueolóxicas
[editar | editar a fonte]O asentamento non foi escavado aínda que se fixeron pequenas prospeccións que confirman a súa ocupación entre os séculos I antes da era actual e o século I despois da era actual. Atopáronse anacos de cerámica, característica da zona, e cravos da construción. O castro debeu ser un poboado costeiro fortificado unido á costa.
Situación actual
[editar | editar a fonte]O lugar está abandonado completamente. Consérvase tal como foi abandonado, sen intervención posterior algunha. O mar está a esnaquizar o penedo no que se asenta.
Accesos
[editar | editar a fonte]Dende a Pena Molexa hai unha pista peonil ben sinalizada con camiños costeiros que levan ata a praia de Pena Lopesa. Un pequeno regato chega ao mar onde está o istmo do castro. O lugar é de moi difícil aceso. Só en marea baixa se pode chegar ao pé da pena despois de baixar polos penedos o aceso a ela é case imposible, con rochas verticais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Castro de Pena Lopesa Arquivado 24 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en castelán).