Castro dos Prados
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Castro dos Prados | |
---|---|
Parroquia | Espasante |
Concello | Ortigueira |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15061002 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | ? |
Data da descuberta | ? |
Períodos de escavación | 1987-1992 |
Estado actual | ? |
Extensión estimada | 0,9 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á cultura castrexa, un dos coñecidos como castros costeiros. Sitúase en Espasante (Ortigueira).
Descrición
[editar | editar a fonte]Ocupa unha das tres penínsulas que delimitan a rada da praia de Santo Antón de Espasante, estando moi próximos o Castro de Coroa de Ladrido e o Castro do Tallo de Ladrido e tamén unha vila romana. O único acceso por terra ao sitio arqueolóxico conta cun sistema defensivo composto de dous foxos intercalados por dúas murallas e un parapeto case desaparecido. Houbo varias intervencións arqueolóxicas, distribuídas en cinco campañas entre os anos 1987 a 1992.
O castro tivo dous momentos diferentes de ocupación, cunha posible cronoloxía do segundo momento arredor do século I a.c. momento que parece coincidir co do elemento mais importante atopado neste castro, o Monumento con Forno ou pedra fermosa ou formosa, do tipo de construcións hipoxeas atopadas nos grandes castros da zona portuguesa, e un dos poucos exemplos da zona galega xunto castro de Armeá en Allariz. A súa planta distribúese en Adro, Cámara, Antecámara e Forno, sendo a interpretación actual maioritaria que o seu uso era como balneario de vapor, e no cal a pedra fermosa, profusamente decorada e de aí o seu nome, constituía o sistema de acceso.
Durante as escavacións recuperouse numeroso material cerámico (indíxena, terra sigillata, anacos de ánforas...), muíños circulares, fusaiolas, alisadores, fibelas, fíbulas de traveseiro longo e un ás de bronce de época imperial (datado no 26 a.c.). Vinculados a estes restos óseos de gando vacún, ovicaprino e porcino, así coma cunchas de diferentes especies (ameixa, mexillón, berberecho, ostras...).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Foxo
-
Monumento con Forno
-
Outra vista do Monumento con Forno
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castro dos Prados |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- OTERO VILARIÑO, C.; AYÁN VILA, X. M., TAPA: Traballos de Arqueoloxía e Patrimonio. Plan Director del Castro de Punta dos Prados. Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe. Santiago de Compostela, 2004.
- PARCERO OUBIÑA, C.; GARCÍA VUELTA, O.; ARMADA, X.L., 2008.Contextos y Tecnologías de la Orfebrería Castreña: en torno a una nueva Arracada de Punta dos Prados (Ortigueira, A Coruña). Revista Complutum Vol. 20 (1): 83-108.
- RAMIL SEOANE, E.; BREIXO RODRÍGUEZ, X.C.; GRANDÍO SEOANE, E., Historia de Ortigueira. Vía Láctea Editorial. A Coruña, 1999.
- CARBALLO ARCEO, X., Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Editorial Nigratrea. Vigo, 2006.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Castro de Punta dos Prados na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.